GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio /

Resolución de cuestions. Concurso Lonxa de Ribeira

Respostas  ás cuestións expostas polos licitadores.

As empresas que así o desexen poden formular as preguntas que consideren respecto ao concurso Lonxa de Ribeira,  que serán contestadas no mesmo apartado onde se atopa o resto da documentación do concurso.
As preguntas deberán enviarse ao seguinte correo:  portosdegalicia@portosdegalicia.com.

O Sistema Portuario Galego

Sistema portuario galego
Ao longo dos seus 1.720 quilómetros de costa, a nosa Comunidade Autónoma conta con 128 portos. Deles, a Xunta de Galicia, a través do ente público PORTOS DE GALICIA, adscrito á Consellería do Mar, xestiona directamente 122. Os outros 6, de maior dimensión e de interese xeral do Estado, dependen do Ministerio de Fomento e son xestionados por cinco Autoridades Portuarias: Vigo, Marín, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol-San Cibrao.

PORTOS DE GALICIA
O ente público Portos de Galicia dotado de personalidade xurídica e patrimonio propio, ten encomendadas as competencias de planificación, construción, explotación, conservación e mellora dos 122 portos dependentes, da Xunta de Galicia.

Ler máis

Novas

A CONSELLEIRA DO MAR ASEGURA QUE O SEU DEPARTAMENTO FARÁ TODO O POSIBLE PARA QUE MAÑÁ A LONXA DE BURELA ESTEA OPERATIVA

Correo-e Imprimir

A conselleira do Mar achegouse ás instalacións de Armadores de Burela para preocuparse pola súa situación tralo incendio desta mañá

 Rosa Quintana destacou a boa disposición de todos os efectivos que están poñendo os medios necesarios para traballar coordinadamente

Santiago, 22 de xullo de 2010.-  A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou que o seu departamento fará todo o posible para que mañá a lonxa de Burela estea operativa. Fíxoo durante a súa visita ás instalacións de Armadores de Burela (ABSA), afectadas polo incendio desta mañá. Rosa Quintana lembrou que “estamos en plena campaña do bonito e está indo moi ben, xa que hai moita pesca e estase pagando a bo prezo”. Neste sentido incidiu que a intención da Consellería do Mar é “limpar os residuos da parte que está afectada o máis rápido posible para que poidan empezar canto antes os traballos habituais da lonxa”.

A titular de Mar alegrouse de que “dentro do malo non houbese vítimas mortais” e en canto ás perdas ocasionadas polo incendio informou que aínda é cedo para determinar a cantidade de peixe que había dentro das instalacións . Engadiu que a policía xudicial está traballando niso para posteriormente proceder á retirada dos residuos. A conselleira destacou a boa disposición de todos os efectivos que están poñendo os medios necesarios para traballar coordinadamente.

Ler máis...
 

PORTOS MELLORA OS SEUS RESULTADOS EN 2009 DEBIDO AO BO COMPORTAMENTO DOS INGRESOS E A CONTENCIÓN DO GASTO CORRENTE

Correo-e Imprimir

No que va de ano o tráfico de mercadorías dos portos autonómicos duplicaron as súas cifras de cargas e descargas con respecto ao mesmo período do ano 2009
• Álvarez-Campana, presidente de Portos co novo goberno da Xunta desde hai mais dun ano, informou aos membros do consello de Administración do organismo portuario
• Un dos convenios mais importantes deste ano 2010 foi asinado coa empresa Ence para  a facturación da tarifa X-3, que permitirá garantir un tráfico de pasta de papel no porto de Ribadeo durante os vindeiros dez anos
Santiago, 13 de xullo de 2010.-
O balance da execución orzamentaria de Portos de Galicia mellorou os seus resultados, debido ao bo comportamento dos ingresos e a contención do gasto corrente. Este balance anual foi presentado polo presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, no consello de administración do ente público Portos de Galicia celebrado en Santiago de Compostela.

Ler máis...
 

PORTOS DE GALICIA REMATA AS OBRAS DE INSTALACIÓN DUN PANTALÁN PARA EMBARQUE DE PASAXEIROS NO PORTO DE AGUETE

Correo-e Imprimir
Cumprindo  o compromiso efectuado polo presidente de Portos de Galicia de establecer un lugar para tráfico de pasaxeiros neste porto e dentro do Plan de Actuacións para o porto de Aguete presentado recentemente

•    As obras consistiron na colocación dun pantalán para embarque e desembarque de pasaxeiros de 24 metros de lonxitude por tres de ancho, perpendicular ao peirao


Santiago, 12 de xullo de 2010.- Portos de Galicia, ven de rematar nestes días as obras de instalación dun pantalán para embarque de pasaxeiros no porto de Aguete, cumprindo  o compromiso efectuado polo presidente de Portos de Galicia de establecer un lugar para tráfico de pasaxeiros neste porto, e dentro do Plan de Actuacións para o porto de Aguete presentado recentemente. O investimento desta actuación foi duns 50.000 euros.
Ler máis...
 
Páxina 1 de 60

Portos Xacobeos

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar