O presidente do ente público, José Juan Durán, visitou esta mañá as obras nas que o seu departamento inviste 280.000 euros
A superficie total será de case 300 metros, nos que se ubicarán 3 taquillas, unha zona común, cafetería e almacén
Santiago, 23 de abril de 2012.- O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, comprobou esta mañá o avance das obras de construcción da estación marítima de Baiona. Estes traballos deron comezo o pasado mes de decembro e o prazo de execución contemplado no proxecto é de 6 meses, polo que se prevé que, de non xurdiren imprevistos, estarían rematados este verán.





O NOVO PORTO DE BRENS ACOLLE A CHEGADA DO PRIMEIRO BUQUE DE GRAN TONELAXE 















