GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio /

Sistema Portuario Galego

Ao longo dos seus 1.720 quilómetros de costa, a nosa Comunidade Autónoma conta con 128 portos. Deles, a Xunta de Galicia, a través do ente público PORTOS DE GALICIA, adscrito á Consellería do Mar, xestiona directamente 122. Os outros 6, de maior dimensión e de interese xeral do Estado, dependen do Ministerio de Fomento e son xestionados por cinco Autoridades Portuarias: Vigo, Marín, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol-San Cibrao.

 

PORTOS DE GALICIA

Ler máis


Portos de Galicia rematará nos vindeiros días as obras de ampliación do peirao de Brens en Cee

A actuación consiste na prolongación do actual peirao de mercadorías nunha lonxitude de 310 metros e un ancho de 100 metros. Así obteranse 210 metros de peirao cun calado de 11 metros, preto de 100 metros cun calado de 8 e os últimos 6 metros cun calado de 7, xunto ao peirao antigo. Ademais, ampliarase o peirao leste en 89 metros de lonxitude e 7 de calado. + INFO
Novas

ADXUDICACIÓN DO SERVIZO AUXILIAR DE ELABORACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DA NÁUTICA RECREATIVA 2012-2020

E-mail Imprimir
Portos de Galicia adxudicou, con data 3 de febreiro de 2012, o servizo auxiliar para a elaboración do Plan Estratéxico da náutica recreativa 2012-2020, á empresa ACADAR Ingeniería y Arquitectura S.L., por un periodo de 4 meses e importe de 17.450 euros máis IVE.
 

PORTOS DE GALICIA IMPULSA MELLORAS AMBIENTAIS NOS PEIRAOS AUTONÓMICOS DE CARA Á OBTENCIÓN DE DISTINTIVOS DE CALIDADE

E-mail Imprimir
Catorce clubes náuticos de portos da Xunta veñen de presentar candidatura para a obtención da Bandeira Azul
  • O número de galardóns vén incrementándose dende 2009, pasando de tres a oito en 2010 e 11 o pasado ano
  • A comunidade ostenta ademais a metade das distincións Q de Calidade aos portos de todo o Estado
Leer más...
 

PORTOS DE GALICIA TEN HABILITADOS HELIPORTOS DE EMERXENCIA EN OITO PEIRAOS AUTONÓMICOS

E-mail Imprimir
O presidente do ente público e a delegada da Xunta na Coruña visitaron a instalación de Laxe, xa en funcionamento

Reducen as sombras de cobertura de navegación aérea por falla de infraestruturas, converténdose en puntos de base supletorios

Xunto co laxense, funcionan tamén os de Cedeira, Sada, Camariñas, Ribeira, Cabo de Cruz, Tragove e O Grove
Leer más...
 

PORTOS DE GALICIA REFORZA A SEGURIDADE NO PORTO DO GROVE COA HABILITACIÓN DUN HELIPORTO DE EMERXENCIAS DIURNAS

E-mail Imprimir
O presidente do ente público visitou esta mañá a instalación, unha das oito que se atopan actualmente operativas nos peiraos autonómicos
  • Reduce as sombras de cobertura de navegación aérea por falla de infraestruturas, converténdose en puntos de base supletorios
  • Xunto co grovense, funcionan tamén os de Cedeira, Sada, Camariñas, Ribeira, Boiro, Cambados e Laxe
Leer más...
 

PORTOS DE GALICIA E INEGA REALIZARÁN UN PROXECTO PILOTO DE AFORRO ENERXÉTICO NO PEIRAO DE CELEIRO

E-mail Imprimir
As consellerías do Medio Rural e do Mar e de Economía e Industria asinarán un convenio para a substitución das actuais luminarias por tecnoloxía LED

A experiencia desenvolverase nos viais do porto lucense, onde se avaliará a reducción de custes de conservación e mantemento das lámpadas
Leer más...
 
Página 1 de 89

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidad | Intranet | Mapa Web | Contactar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servizo prestado pola Consellería do Mar