Esta actuación inclúe a incorporación no mesmo de edificios de departamentos para usuarios e a mellora do firme da explanada e ampliación da mesma
O orzamento é de 880.150 euros e o prazo de execución de dez meses.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2009.- Portos de Galicia anuncia hoxe no Diario Oficial de Galicia a adxudicación definitiva das obras de execución da remodelación do porto de San Pedro de Visma, na provincia de A Coruña. O orzamento é de 880.150 euros e o prazo de execución de dez meses.
As obras proxectadas consisten na remodelación do porto de San Pedro de Visma que inclúe a incorporación no mesmo de edificios de departamentos para usuarios como uso característico, e a dotación das instalacións de almacenamento e garda de enseres de pesca, o módulo de local de servizos é o de control e xestión dos usuarios
Para dar este servizo proxectase a construción de pequenos edificios que dan servizo a un local administrativo do porto, e outros 56 usuarios, por medio de 4 departamentos, 36 pañois e 16 taquillas. Igualmente inclúese no proxecto a ordenación e mellora do firme da explanada, e a ampliación da mesma no seu límite Sur. A explanada, de forma sensiblemente rectangular, estreita e alongada, ten unha superficie de 2.180 metros cadrados, sendo en si mesma, a plataforma do porto, en primeira liña fronte ao dique de amarre, cunha fronte de 110 metros.
Na ordenación do porto recoñécense tres usos fundamentais, delimitados por diferentes pavimentacións, sen desniveis en ningún punto da explanada, distinguindo unha zona de circulación peonil, outra zona restrinxida de almacenaxe, e finalmente outra zona de traballo, varado e circulación rodada, sobre a que se pintarán as prazas de varado e aparcamento e as zonas reservadas para acopio de artes de pesca.
Os devanditos departamentos se organizan nunha secuencia de edificios de traza rectangular que se disporán en paralelo, con patios intercalados entre eles, e orientados en dirección Norte-Sur. O primeiro bloque do conxunto conten un departamento especial, dotado de despacho, sala de reunións, vestiarios almacén, e outras pequenas estancias de servizo ao conxunto, como son a recollida de residuos o un aseo adaptado.
No segundo bloque existen catro departamentos, que dispoñen de planta baixa e altiño, comunicados por una escaleira e nos seguintes bloques se dispoñen tanto os pañois como as taquillas. O número de departamentos se adecúa ás dimensións da parcela e ás necesidades do porto. Con nestes edificios tratase de prestar servizo ás actividades dos usuarios do peirao pesqueiro.




















