GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / A CONSELLERÍA DO MAR PRESENTA O PROXECTO DE RECIC...

A CONSELLERÍA DO MAR PRESENTA O PROXECTO DE RECICLAXE DE RESIDUO SÓLIDOS PROPIOS DA ACTIVIDADE PESQUEIRA E PORTUARIA 3R-FISH

E-mail Imprimir
O proxecto foi exposto no stand da Consellería do Mar na Feira Internacional da Pesca World Fishing Exhibition.

Portos de Galicia e CETMAR participan neste proxecto xunto coa AP de Marín, a Universidade da Coruña-Grupo de Polímeros, Centro Tecnolóxico LEITAT (Cataluña) e Plastimar-Indústria de materias plásticas S.A. (Portugal).

O obxectivo principal de 3R FISH é a adecuada xestión e reciclaxe dos residuos xerados pola actividade pesqueira e que finalmente son depositados nos portos: redes, poliespán, pilas e artefactos lumínicos.

Vigo, 17 de setembro de 2009
.- Portos de Galicia e CETMAR participan como socios no proxecto “Recuperación e reciclaxe dos residuos sólidos propios da actividade pesqueira e portuaria - 3R FISH”, enmarcado no eixo de acción de Política Ambiental e Gobernanza 2007 da convocatoria do instrumento financeiro europeo LIFE +, a implementar durante o período 2009-2011. Xunto a Portos e CETMAR participan a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, Universidade da Coruña-Grupo de Polímeros, Centro Tecnolóxico LEITAT (Cataluña) e Plastimar-Industria de materias plásticas S.A. (Portugal).
O Coordinador da Unidade I+D da Área de Desenvolvemento e Estratexia Portuaria de Portos de Galicia Héctor Sánchez, explicou a importancia deste proxecto no stand que a Consellería do Mar posúe na Feira Internacional da Pesca World Fishing Exhibition. Na presentación, Héctor Sánchez salientou, entre os obxectivos específicos do proxecto, o de establecer un sistema de xestión e reciclaxe integrada de tres tipos de residuos sólidos da actividade pesqueira e portuaria, como son as redes, o poliespán e os artefactos lumínicos; para isto, serán desenvolvidas experiencias piloto en portos pesqueiros galegos e portugueses.
Con esta iniciativa, búscase ademais, establecer prácticas de colaboración entre os principais actores sectoriais para a determinación de usos económica e ambientalmente rendibles dos produtos tratados e os seus derivados manufacturados. De forma paralela, preténdese divulgar e implantar as boas prácticas ambientais de xestión a bordo e na área portuaria, de acordo coas estratexias “nada pola borda” e residuo “cero en terra”.
O resultado esperado será a redución da vertedura de residuos sólidos da actividade pesqueira ao medio mariño, a correcta xestión en terra dos mesmo amais a súa posta en valor de forma innovadora e sustentable, tanto económica como ambientalmente.
O proxecto 3R-FISH está en consonancia coas directrices europeas clave en materia de medioambiente e desenvolvemento sustentable, a saber: a Directiva Marco de Residuos e a Estratexia Temática para a prevención e a reciclaxe dos residuos; a Política Común de Pesca, a Estratexia Temática Mariña e a futura Política Marítima Integrada, así como a Recomendación da UE para a Xestión Integrada das Zonas Costeiras.
 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidad | Intranet | Mapa Web | Contactar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servizo prestado pola Consellería do Mar