GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / PORTOS DE GALICIA COMPROMETIDO COA INVESTIGACIÓN ...

PORTOS DE GALICIA COMPROMETIDO COA INVESTIGACIÓN E O DESENVOLVEMENTO PORTUARIO

E-mail Imprimir


O ente público presentou en Edimburgo un estudo da análise de hidrodinamica e esforzo de diques aboiantes de formigón

• Para esta análise tomouse como modelo un dique aboiante emprazado no porto de Baiona, na provincia de Pontevedra, no que se monitorizan os datos das mareas, oleaxe e da acción do mar, entre outros parámetros, para posteriormente utilizalos como modelos no laboratorio


• Este estudo estase levando a cabo en colaboración con técnicos do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade de A Coruña


Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2009.- Portos de Galicia presentou nestes días un estudo e análise da hidrodinámica e esforzo de diques aboiantes de formigón armado para coñecer cal é o seu comportamento e rango de aplicación. O obxectivo deste traballo é o de dar a coñecer que este tipo de solucións poden aplicarse con todas as garantías nas nosas costas mellorando o abrigo dos portos, cun menor custo e tamén un mínimo impacto ambiental, en relación con outro tipo de estruturas que se aplican habitualmente como son, os diques de abrigo e as escolleras que supoñen a creación de recheos na costa. Neste senso, Portos de Galicia está a facer un esforzo importante pola xestión sostible de infraestruturas, incorporando a I+D para mellorar e resolver, en cada caso, problemas tecnoloxicos dentro da aposta por unha enxeñería portuaria sostible.

 

Para esta análise tomouse como modelo un dique aboiante emprazado no porto de Baiona, na provincia de Pontevedra, no que se monitorizan os datos das mareas, oleaxe e da acción do mar, entre outros parámetros, para posteriormente, utilizalos como modelos no laboratorio. A estas xornadas asistiron enxeñeiros da Área de Infraestruturas de Portos de Galicia, con responsables do proxecto e do laboratorio do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC) da Universidade de A Coruña.

Estas xornadas científicas internacionais, que levan por titulo “Xornadas de Costas, estruturas marítimas e diques aboiantes 2009”, celebráronse no Centro Internacional de Conferencias, na localidade escocesa de Edimburgo e foron organizadas polo Instituto de Enxeñería Civil (ICE) do Reino Unido, unha asociación que conta con mais de 80.000 socios.

A este foro internacional asistiron, nesta ocasión, mais de 400 expertos neste tipo de infraestruturas e obras marítimas de case todos os países, así como mais de 30 organizacións que apoian a devandita conferencia internacional, a novena que se leva a cabo.

Estes estudos son froito dun convenio asinado entre Portos de Galicia e o CITEEC, pertencente á Universidade de A Coruña, que conta nas súas instalacións cun moderno laboratorio de portos e costas con instalacións con capacidade para realizar ensaios estruturais a gran escala, baixo a acción da oleaxe extrema, cunha dársena con capacidade para xerar oleaxe aleatorio real e correntes estudando así o comportamento de diques, praias, rías, portos e formas litorais.


SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DE PORTOS DE GALICIA

 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidad | Intranet | Mapa Web | Contactar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servizo prestado pola Consellería do Mar