GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / PORTOS DE GALICIA OFRECE A ENCE UN ACORDO POR CINC...

PORTOS DE GALICIA OFRECE A ENCE UN ACORDO POR CINCO ANOS PARA TRABALLAR XUNTOS

E-mail Imprimir
Os investimentos prantexados na proposta comprometerían uns 2,4 millóns de euros en dous anos en novas obras de infraestrutura
  • O ente público quere converter Ribadeo nun referente portuario e atender as necesidades loxísticas de ENCE para un transporte sostible, competitivo e coas maiores garantías de calidade na operativa e trato da mercadoría
  • A revisión da taxa  por mercadorías estableciendo bonificacións  ao tráfico de pasta de papel en Ribadeo estaría en vigor durante os vindeiros 5 anos
Santiago, 27 de febreiro de 2010.- “Portos de Galicia ofrece a ENCE un acordo por cinco anos para traballar xuntos” segundo manifestou hoxe o presidente de Portos de Galicia na súa visita a Ribadeo desde donde enviou unha proposta formal á factoría pastera. Este acordo levaríase a cabo a través dun grupo de traballo en donde se acaden compromisos, polas dús partes, en base a un tráfico mínimo a evaluar.
O ente público quere converter Ribadeo nun referente portuario e atender necesidades loxísticas de ENCE para un transporte sostible, competitivo e coas maiores garantías de calidade na operativa e trato da mercadoría. Portos de Galicia mantén unha relaicón histórica coa factoria de ENCE-Navia. No caso de Ribadeo este tráfico é un referente histórico donde a loxística desta mercadoría  acadou importantes tonelaxes de exportación nos últimos anos, a pesares da situación económica actual.

2,4 millóns de euros en novas infraestruturas
A proposta enviada por Portos de Galicia incluiría o compromiso de licitar as obras da dragaxe da canle de navegación do acceso ao porto que suporía un investimento de 1,9 millones de euros e que se levaría a cabo no segundo semestre de 2010. Sería unha das meirandes actuacións executadas no porto de Ribadeo nos últimos 30 anos, e permitiría a entrada de buques en calquera condición meteorolóxica, eliminando as esperas.

Outra das propostas realizadas corresponde á licitación neste ano das obras de ampliación da liña de atracada no peirao comercial de Mirasol, por un importe de 700.000 euros. Esta actuación suporía que dos 380 metros actuais de atracada pasarían a preto de 500 o que  suporía pasar dos tres atraques actuais a catro. Estos investimentos suporán 2,6 millóns de euros en obras de infraestrutura.

En canto á estratéxia de optimización dos custos  que Portos de Galicia está a levar a cabo desde o primeiro de xaneiro coa rebaixa das taxas, o ente público propón tamén a Ence unha revisión da taxa  por mercadorías estableciendo as bonificacións  ao tráfico de pasta de papel en Ribadeo durante os vindeiros 5 anos e que entraría en vigor a partires do ano 2011 o que permitiría un impacto directo positivo e o establecimeneto de prezos máximos constantes durante os anos do acordo.

Finalmente, Portos de Galicia se comprometería a facer un estudo do nó loxístico de Ribadeo con todos os agentes implicados na cadea de transporte do tráfico de pasta de papel. Os resultados deste traballo permitirían saber como optimizar as operacións, establecendo criterios de funcionamento, procedimentos de traballo, aspectos de mellora e a  posibilidade de novas áreas e espazos loxísticos.

Esforzo inversor
Portos de Galicia ven desenvolvendo un importante esforzo inversor en todos os portos galegos coa creación de novas infraestruturas para conseguir unha economía mais competitiva atendendo as necesidades dos axentes portuarios tanto na súa actividade marítima como no seu comercio.

No caso de Ribadeo, Portos de Galicia ven realizando un esforzo permanente coa realización dunha serie de investimentos para poder mellorar as infraestruturas do porto de Ribadeo e, ao mesmo tempo aos seus tráficos. Polo tanto fixose unha dragaxe para mellorar o calado no peirao comercial ata conseguir 6 metros, o que supuxo un investimento de mais de 1,4 millóns de euros e que rematou o pasado ano. Neste momento estase a aumentar de cota o peirao de Mirasol cunha inversión que ronda o millón de euros e permitirá a operatividade do porto en calquera condición de marea.

Ao mesmo  Portos de Galicia desarrollou unha estructura de servizos portuarios para poder atender a operativa tanto do buque como das mercadorías intentando optimizar a relación custo/calidade do servizo para que as contas de escala sexan competitivas dentro da fronte portuario cantábrico-galaico.

A pasta de papel constitue unha das mercadorías mais atractivas para a operativa portuaria por seren un produto de alto valor pero cuxa esixencia no seu manipulado implica un importante grao de exquisitez no tratamento da mesma. Portos de Galicia considera que este tráfico debe manterse no porto de Ribadeo con todas as melloras operativas que garantan a excelencia nas operacións.

Con esta proposta de traballo Portos de Galicia quere facer chegar a ENCE a súa total colaboración para continuar cunha relación que tan bos resultados acadou nos derradeiros anos  agardando a máxima colaboración e cooperación polas ambas partes e o comezo inmediato dos traballos.
 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidad | Intranet | Mapa Web | Contactar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servizo prestado pola Consellería do Mar