GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / PORTOS PRESENTOU HOXE O PROXECTO DE AMPLIACIÓN D...

PORTOS PRESENTOU HOXE O PROXECTO DE AMPLIACIÓN DA SUPERFICIE PORTUARIA DE MIÑO

E-mail Imprimir
Dotará a este porto dunhas instalacións  que mellorarán a capacidade das superficies do porto para outros usos

- Como elemento fundamental para construción deste novo espazo utilizarase a madeira que nas súas diferentes formas integrarase no entorno portuario

- O custo estimado para esta actuación é duns catro millóns de  euros e licitarase neste ano 2010
Santiago, 6 de agosto de 2010.- O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, presentou hoxe no concello de Miño o proxecto denominado “balcón de Miño” de ampliación da superficie portuaria que dotará a este porto dunhas instalacións  que mellorarán a capacidade das superficies do porto para outros usos. Coa creación destes novos espazos propondrase un lugar axeitado de encontro e esparexemento dos visitantes e cidadáns de Miño nunha zona que contará cun acceso cara o mar, con servizos e unha zona delimitada para aparcadoiros.

Como elemento fundamental para construción deste novo espazo utilizarase a madeira que nas súas diferentes formas integrarase no entorno portuario. A ampliación dos 5.878 metros cadrados de superficie levarase a cabo  mediante o adiantamento pilotado sobre o mar desta superficie ao longo duns 190 metros de lonxitude nunha media de 36 metros de ancho. Con este adiantamento pilotado evitarase un importante recheo xa que

O custo estimado para esta actuación é duns catro millóns de  euros e licitarase neste ano 2010. Este proxecto forma parte das ampliacións e melloras das superficies  que se están a levar a acabo polo ente público Portos de Galicia nas súas instalacións portuarias.
Archivos adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño de archivo
Descargar este archivo (Miño_1.pdf)Miño_1.pdf [398 Kb]
Descargar este archivo (Miño_2.pdf)Miño_2.pdf [855 Kb]
Descargar este archivo (Miño_3.pdf)Miño_3.pdf [448 Kb]
Descargar este archivo (Miño_4.pdf)Miño_4.pdf [515 Kb]
Descargar este archivo (Miño_5.pdf)Miño_5.pdf [399 Kb]
 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidad | Intranet | Mapa Web | Contactar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servizo prestado pola Consellería do Mar