GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / PORTOS DE GALICIA VALORA POSITIVAMENTE A DECLARACI...

PORTOS DE GALICIA VALORA POSITIVAMENTE A DECLARACIÓN XUDICIAL DE INEXECUTABILIDADE DA SENTENCIA DE DEMOLICIÓN DAS INSTALACIÓNS DE MARINA SADA

E-mail Imprimir
O pronunciamento do TSXG ratifica a argumentación mantida polo ente público e abre a porta á definitiva regularización do porto deportivo sadense

Santiago, 17 de xaneiro de 2011.-  Portos de Galicia valora positivamente a declaración o auto emitido polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data 12 de xaneiro no que "declara a inexecutabilidade da sentencia firme de 29 de maio de 2003 no que atinxe á demolición das instalacións" da anterior concesionaria do porto deportivo, Marina Sada.

O auto ratifica a argumentación esgrimida por Portos de Galicia como respaldo á súa  decisión de executar a sentenza anulatoria da concesión sen demoler as instalacións xa levantadas no ámbito territorial afectado. O ente público optou por dar cumprimento á sentenza de 2003 a través da regularización das edificacións e non mediante o seu derribo. As razóns para esta decisión foron trasladadas ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que se pronuncia no último auto a favor das mesmas.

Este pronunciamento abre a porta á definitiva regularización das instalacións náutico recreativas do porto de Sada que veu defendendo Portos de Galicia. O presidente do ente público, José Juan Durán insistiu na súa última visita oficial a Sada na vontade de acadar a definitiva estabilidade xurídica e operativa do maior porto deportivo de Galicia.

 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidad | Intranet | Mapa Web | Contactar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servizo prestado pola Consellería do Mar