GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / PORTOS DE GALICIA IMPULSA MELLORAS AMBIENTAIS NOS ...

PORTOS DE GALICIA IMPULSA MELLORAS AMBIENTAIS NOS PEIRAOS AUTONÓMICOS DE CARA Á OBTENCIÓN DE DISTINTIVOS DE CALIDADE

E-mail Imprimir
Catorce clubes náuticos de portos da Xunta veñen de presentar candidatura para a obtención da Bandeira Azul
  • O número de galardóns vén incrementándose dende 2009, pasando de tres a oito en 2010 e 11 o pasado ano
  • A comunidade ostenta ademais a metade das distincións Q de Calidade aos portos de todo o Estado
Santiago, 29 de xaneiro de 2012.-  Portos de Galicia está a colaborar de xeito directo cos clubes náuticos dos peiraos de titularidade autonómica para a definición de melloras de caracter ambiental e prestación de servicios nas instalacións dependentes da Xunta, de cara á obtención de distintivos de calidade. Deste xeito o ente público contribúe de xeito decisivo ao cumprimento dos requisitos que establece o galardón Bandeira Azul, que outorga a Fundación Adeac e que vén de abrir o prazo para a presentación de solicitudes dende os clubes náuticos.

Nesta edición Portos de Galicia está representado cun total de 14 candidaturas, un cifra que de novo supera as dos anos anteriores como vén sendo tendencia dende 2009, cando se estrenou o distintivo para os portos deportivos. Dende entón, a evolución dos portos autonómicos na obtención de bandeiras azuis marca unha reseñada liña ascendente, pasando de tres en 2009, a oito en 2010, e once en 2011. O pasado ano acadaron a distinción Portosín, Ares, Ribeira, Sada, Vilanova de Arousa, Pedras Negras (O Grove), Juan Carlos I de Sanxenxo, Porto Deportivo de Baiona, Monte Real Club de Iates, tamén de Baiona, Portonovo e Ribadeo.

A colaboración do organismo portuario que preside José Juan Durán na implantación de bandeiras azuis nas instalacións náutico recreativas abarca aspectos como os da prestación de servizos de calidade aos usuarios, mellora da ordenación e limpeza das instalacións portuarias, elaboración de programas de sensibilización ambiental e implantación dun sistema de xestión ambiental global para o ente público.

Neste senso, foi importante ir adaptando as instalacións ás esixencias necesarias para optar á Bandeira Azul. Esixencias de tipo medioambiental, como é o de coñecer perfectamente o entorno no que se traballa; de prevención e actuación ante posibles accidentes naturais; e de saúde, coa adopción de medidas preventivas.

Outro dos aspectos fundamentais que se vén reforzando é o da seguridade. Por este motivo estase a profundizar na formación do personal e usuarios das instalacións portuarias, a fin de evitar riscos, especialmente para aquelas persoas que descoñecen a forza do mar, ou que non saben nadar.

Esta iniciativa de Portos de Galicia para colaborar cos portos náutico recreativos nos ámbitos citados encádrase dentro dunha acción transnacional, executada no marco do proxecto europeo NEA2, de Interreg IV B, na que participan tamén portos portugueses e franceses.



Q de calidade
Ademais de colaborar na mellora das instalacións e prestación de servizos en base aos requisitos establecidos polo distintivo Bandeira Azul, Portos de Galicia está a desenvolver acción orientadas a manter a boa evolución dos peiraos autonómicos na obtención doutro selo: a Q de Calidade. Actualmente, Galicia sitúase como líder nacional neste ámbito ao ostentar a metade das distincións concedidas ás instalacións náutico recreativas en toda España na última edición.


No segundo ano de existencia do recoñecemento Q ás instalacións portuarias, recibiron o galardón cinco portos galegos, dos 10 estatais, a saber, Portonovo, Sada, Riveira, Ría de Ares e Real Club Náutico de Vigo.

 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidad | Intranet | Mapa Web | Contactar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servizo prestado pola Consellería do Mar