Con esta actuación retómase unha vella aspiración do Concello de Ribeira
Esta construción estará emprazada na actual explanada utilizada para redes, no extremo oeste do porto pesqueiro.
O presidente de Portos visitará de novo Ribeira o vindeiro xoves día 18 para anunciar os prazos, trámites e importe da obra. Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2009.- Portos de Galicia desbloquea a construción da nova lonxa de Ribeira, co que se retoma unha vella aspiración dunha obra urxente e necesaria para o Concello de Ribeira. Esta construción estará emprazada na actual explanada utilizada para redes, no extremo oeste do porto pesqueiro.
Esta visita do presidente de Portos é continuación da realizada pola Conselleira do Mar hai unha semana e na que manifestou o seu compromiso con Ribeira. Por outra banda, cabe destacar tamén o interese e dedicación do alcalde, Torres Colomer, na consecución desta obra tan trascendental para Ribeira
Nunha reunión, considerada como “moi positiva” polo presidente de Portos de Galicia, e na que se fixo unha análise en profundidade de todas as alternativas factibles, consecuencias económicas e execución dos prazos, estiveron presentes a práctica totalidade dos sectores de usuarios, asociacións, operadores portuarios e confraría, entre outros, que traballaron nas catro posibles alternativas para ubicar a nova lonxa, e consensuaron basicamente unha das presentadas por cada un dos xestores do porto.
Neste senso, Álvarez-Campana manifestou a súa satisfacción por chegar a este preacordo do que destacou “a participación da sociedade civil nestas decisións que queremos que comprometan a toda a sociedade de Ribeira”.
Portos de Galicia e os sectores reunidos, chegaron a un preacordo, practicamente unánime, para ubicar a nova explanada no extremo oeste do porto pesqueiro, realizada no ano 2002. Cabe lembrar que durante estes últimos anos, o proxecto de construción e emprazamento da nova lonxa estivo atrancado ao non chegar a ningún acordo os sectores implicados co anterior goberno.
Está previsto que o presidente de Portos visite de novo o porto de Ribeira o vindeiro xoves día 18 ás nove da mañá para, nesta ocasión, anunciar o inicio da tramitación da execución da nova lonxa, os prazos previstos de execución, o investimento e a data de comezo da obra.