GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / Portos de Galicia / Bienvenida del Presidente

Benvida do presidente de Portos de Galicia

O ente publico Portos de Galicia, adscrito a Conselleria do Medio Rural e do Mar, atopase nun intre decisivo para o seu futuro. Estanse desenvolvendo importantes proxectos e iniciativas en eidos como o das infraestruturas ou as políticas medioambientais. A integración do mesmo na politica marítimo-pesqueira do executivo galego dá boa conta dunha nova perspectiva da realidade portuaria.

O sistema portuario galego que se extende por case mil oitocentos quilometros de costa é un piar fundamental da estrutura económica do país e a súa competitividade cara ao exterior, a eficiencia do mesmo así como a crecente e permanente actividade prestadora de servizos é un compromiso irrenunciable nesta nova etapa.

Obxectivos como a completa instalación da administración electrónica, a consecución dun marco normativo autonómico dentro dunha xestión marcada pola austeridade e o rigor orzamentario son os nosos eixos de traballo.

O equipo humano do ente público, mulleres e homes competentes e preparados, son unha garantía ante os retos que nos agardan.

O noso desexo de que esta web, de fácil manexo sirva para achegar, aínda máis, aos que a visitan a realidade do sistema portuario galego.

Jose Juan Duran Hermida

Presidente de Portos de Galicia
 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidad | Intranet | Mapa Web | Contactar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servizo prestado pola Consellería do Mar