GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / Portos de Galicia / Manual de Identidad Corporativa

Administración Electrónica ...moi pronto en servizo

E-mail PDF

Portos de Galicia está a ultimar a posta en marcha da administración electrónica, unha ferramenta de tramitación telemática, que virá mellorar a atención aos cidadáns e empresas, axilizando a comunicación directa con eles. Próximamente o ente público porá en servizo a  administración on line, que mellorará o acceso da comunidade portuaria á información do organismo, a transparencia na xestión e a tramitación dos expedientes de contratación.

A sede electrónica de Portos de Galicia será un espazo virtual en Internet no que se plasmará a actividade diaria de Portos de Galicia e se prestarán gran parte dos servizos que se ofertan agora só de xeito presencial. Estará activa as 24 horas do día e os 7 días da semana. A través de internet, poderán presentar e solicitar documentación oficial, presentar documentación para obtención de permisos ou asinar electrónicamente documentos. Estas comunicacións terán a mesma validez que as realizadas de xeito presencial nas dependencias do ente, o que reducirá, para os usuarios que o desexen, a necesidade de desprazamentos para tramitacións.

Pola súa banda, as empresas tamén serán beneficiadas deste programa grazas á creación dun Portal do proveedor, no que poderán, tamén telemáticamente, manter actualizada a súa información e consultar diversa documentación, como o estado das tramitacións, facturas ou fianzas e avais. Estas comunicacións terán validez legal e garantirán a seguridade e confidencialidade da información.

Así mesmo, crearase un Perfil do contratante, que facilitará o acceso á información e documentación sobre os procedementos que o ente teña en curso, aportando transparencia aos mesmos. Este perfil presentará información relativa á contratación e permitirá consultar documentación asociada aos procedementos. Tamén contará cun servizo de avisos sobre contratación para os proveedores do ente, de xeito que poidan recibir unha notificación cando se inician novos procedementos de licitación

Finalmente, Portos de Galicia vai realizar avances na tramitación interna dos procedementos administrativos, mediante a implantación dun sistema de xestión de expedientes que reducirá a carga de traballo dos empregados e disminuirá o tempo para procesalos, acadando unha maior eficiencia na tramitación administrativa.

Estes sistemas estarán deseñados de xeito simplificado coa finalidade de que sexan doados de manexar para calquera tipo de usuario, independentemente da experiencia que posúan en materia informática e de navegación por Internet.
 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidad | Intranet | Mapa Web | Contactar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servizo prestado pola Consellería do Mar