
A sede electrónica de Portos de Galicia será un espazo virtual en Internet no que se plasmará a actividade diaria de Portos de Galicia e se prestarán gran parte dos servizos que se ofertan agora só de xeito presencial. Estará activa as 24 horas do día e os 7 días da semana. A través de internet, poderán presentar e solicitar documentación oficial, presentar documentación para obtención de permisos ou asinar electrónicamente documentos. Estas comunicacións terán a mesma validez que as realizadas de xeito presencial nas dependencias do ente, o que reducirá, para os usuarios que o desexen, a necesidade de desprazamentos para tramitacións.
Pola súa banda, as empresas tamén serán beneficiadas deste programa grazas á creación dun Portal do proveedor, no que poderán, tamén telemáticamente, manter actualizada a súa información e consultar diversa documentación, como o estado das tramitacións, facturas ou fianzas e avais. Estas comunicacións terán validez legal e garantirán a seguridade e confidencialidade da información.
Así mesmo, crearase un Perfil do contratante, que facilitará o acceso á información e documentación sobre os procedementos que o ente teña en curso, aportando transparencia aos mesmos. Este perfil presentará información relativa á contratación e permitirá consultar documentación asociada aos procedementos. Tamén contará cun servizo de avisos sobre contratación para os proveedores do ente, de xeito que poidan recibir unha notificación cando se inician novos procedementos de licitación
Finalmente, Portos de Galicia vai realizar avances na tramitación interna dos procedementos administrativos, mediante a implantación dun sistema de xestión de expedientes que reducirá a carga de traballo dos empregados e disminuirá o tempo para procesalos, acadando unha maior eficiencia na tramitación administrativa.
Estes sistemas estarán deseñados de xeito simplificado coa finalidade de que sexan doados de manexar para calquera tipo de usuario, independentemente da experiencia que posúan en materia informática e de navegación por Internet.



















