GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / Portos de Galicia / Sistema portuario galego

Sistema portuario galego

E-mail PDF

Ao longo dos seus 1.720 quilómetros de costa, a nosa Comunidade Autónoma conta con 128 portos. Deles, a Xunta de Galicia, a través do ente público PORTOS DE GALICIA, adscrito á Consellería do Mar, xestiona directamente 122. Os outros 6, de maior dimensión e de interese xeral do Estado, dependen do Ministerio de Fomento e son xestionados por cinco Autoridades Portuarias: Vigo, Marín, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol-San Cibrao.

PORTOS DE GALICIA

O ente público Portos de Galicia dotado de personalidade xurídica e patrimonio propio, ten encomendadas as competencias de planificación, construción, explotación, conservación e avance dos 122 portos dependentes, da Xunta de Galicia.

ORGANIZACIÓN TERRITORIAL

O gran número de portos e a súa distribución xeográfica é a razón pola que a organización territorial de Portos de Galicia está organizada en catro centros de traballo:

Servizos Centrais, emprazados en Santiago de Compostela
Zona Norte xestiona 16 portos desde Ribadeo até Cedeira
Zona Centro, xestiona 61 portos desde Mugardos até Rianxo
Zona Sur, xestiona 45 portos desde Pontecesures até Tui

ACTIVIDADES E DATOS RELEVANTES

Nas instalacións portuarias de Galicia, desenvólvense tres tipos de actividades:


As relacionadas coa pesca e o marisqueo
As comerciais, coa carga e descarga de diversas mercadorías (pasta de papel, dunita, aceiro, túnidos conxelados...) a través de oito portos: Ribadeo, Burela, Celeiro, Cariño, Sada, Cee, Ribeira e A Pobra
As náutico deportivas. Estas, en crecente demanda, supoñen na actualidade un catalizador para o sector turístico en Galicia e por conseguinte un importante dinamizador económico.

Infraestruturas dispoñibles, datos mais relevantes:

122 instalacións.
16 quilómetros de diques de abrigo
31 quilómetros de peiraos cun calado máximo de 9 metros
7.947 prazas de ate para embarcacións deportivas,
20.500 metros de atracada en pantalánes
3.024.000 metros cadrados de superficie total
5.055.000 metros cadrados de superficie total lámina de auga abrigada
Tráficos portuarios en 2008, datos máis relevantes:

Sector comercial:

1,6 millóns de toneladas de mercadorías.
135.264 Toneladas pesca conxelada descargada (principalmente túnidos).
1,6 millóns de pasaxeiros tráfico local e turístico.
413 buques entrados nos portos

Sector pesca fresca, marisqueo e acuicultura:

107.861 Toneladas de pesca fresca que supuxeron un valor en primeira venda de 250,9 millóns de euros.
250.000 Tn de mexillón descargado
3.333 bateas e 848 barcos asistir.

Sector náutico deportivo:

Portos de Galicia está a potenciar a creación de novas instalacións náutico deportivas nos diversos portos do litoral galego. O ente público, directa ou indirectamente, xestiona na actualidade 23 instalacións náutico deportivas cun total de mais de 7.947 prazas de atracada.

 

 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidad | Intranet | Mapa Web | Contactar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servizo prestado pola Consellería do Mar