Esta actuación inclúe a incorporación no mesmo de edificios de departamentos para usuarios e a mellora do firme da explanada e ampliación da mesma
O orzamento é de 880.150 euros e o prazo de execución de dez meses.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2009.- Portos de Galicia anuncia hoxe no Diario Oficial de Galicia a adxudicación definitiva das obras de execución da remodelación do porto de San Pedro de Visma, na provincia de A Coruña. O orzamento é de 880.150 euros e o prazo de execución de dez meses.
As obras proxectadas consisten na remodelación do porto de San Pedro de Visma que inclúe a incorporación no mesmo de edificios de departamentos para usuarios como uso característico, e a dotación das instalacións de almacenamento e garda de enseres de pesca, o módulo de local de servizos é o de control e xestión dos usuarios
Para dar este servizo proxectase a construción de pequenos edificios que dan servizo a un local administrativo do porto, e outros 56 usuarios, por medio de 4 departamentos, 36 pañois e 16 taquillas. Igualmente inclúese no proxecto a ordenación e mellora do firme da explanada, e a ampliación da mesma no seu límite Sur. A explanada, de forma sensiblemente rectangular, estreita e alongada, ten unha superficie de 2.180 metros cadrados, sendo en si mesma, a plataforma do porto, en primeira liña fronte ao dique de amarre, cunha fronte de 110 metros.

















