Portos de Galicia rematará nos vindeiros días as obras de ampliación do peirao de Brens en Cee.
A actuación consiste na prolongación do actual peirao de mercadorías nunha lonxitude de 310 metros e un ancho de 100 metros. Así obteranse 210 metros de peirao cun calado de 11 metros, preto de 100 metros cun calado de 8 e os últimos 6 metros cun calado de 7, xunto ao peirao antigo. Ademais, ampliarase o peirao leste en 89 metros de lonxitude e 7 de calado.
Esta actuación permitirá incrementar de xeito destacado a capacidade de tráficos de mercancías neste peirao. Así, permitirá a entrada de entre 6 e 10 novos barcos de 25.000 toneladas (equivalente a 40.000 TRB). Posibilitará ademáis o movemento de 100.000 toneladas de manganesos (agora son unhas 2.000) e de ata 80.000 toneladas de madeira (agora ronda as 1.000).
A nova infraestrutura supón por tanto un elemento clave na dinamización económica da Costa da Morte e abre un novo escenario para os tráficos marítimos de toda Galicia.
Os peiraos están realizados con caixóns de formigón armado e a explanada estará protexida con escollera de 2000 kg na súa parte exterior. A explanada obtida será de 33.702 metros cadrados e o volume de dragaxe necesario foi de 86.773 metros cúbicos.
Esta obra conta cun estrito control e seguimento medioambiental de tal xeito que Portos de Galicia ten colocadas unhas barreiras antiturbidez en todo o perímetro da obra de tal xeito que evite que calquera fango ou elemento estraño perxudique á ría.
Esta actuación permitirá incrementar de xeito destacado a capacidade de tráficos de mercancías neste peirao. Así, permitirá a entrada de entre 6 e 10 novos barcos de 25.000 toneladas (equivalente a 40.000 TRB). Posibilitará ademáis o movemento de 100.000 toneladas de manganesos (agora son unhas 2.000) e de ata 80.000 toneladas de madeira (agora ronda as 1.000).
A nova infraestrutura supón por tanto un elemento clave na dinamización económica da Costa da Morte e abre un novo escenario para os tráficos marítimos de toda Galicia.
Os peiraos están realizados con caixóns de formigón armado e a explanada estará protexida con escollera de 2000 kg na súa parte exterior. A explanada obtida será de 33.702 metros cadrados e o volume de dragaxe necesario foi de 86.773 metros cúbicos. Esta obra conta cun estrito control e seguimento medioambiental de tal xeito que Portos de Galicia ten colocadas unhas barreiras antiturbidez en todo o perímetro da obra de tal xeito que evite que calquera fango ou elemento estraño perxudique á ría.
No ano 2003 xa se traballaba nesta idea. Preparabanse as bases para a ampliación do porto de Brens e o 26 de xaneiro de 2004a entonces Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a través de Portos de Galicia, publicaba ese día no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se sometía a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de ampliación do peirao de Brens, obra incluída no Plan Galicia, emprazado no termo municipal de Cee (A Coruña).
O 10 de xullo de 2006, Portos de Galicia e Ferroatlántica asinan un convenio de colaboración para a ampliación do porto de Brens.

O 17 de novembro de 2008, Portos de Galicia ditou resolución polo que se adxudica a obra de ampliación do peirao, por un importe de 14,5 millons de euros.
O primeiro dos caixóns destinados ás obras de ampliación do peirao de Brens, foi colocado no mes de xullo de 2009. Cada caixón é de 2.195 toneladas de 22,88 metros de largo, 10,9 m ancho e 15 m de alto.

O peirao en construción está formado por 18 caixóns de formigón prefabricado, apoiados nunha base de escollera que será rematada ao final cunha superestrutura de formigón. Para a execución destes caixóns utilizouse o dique aboiante "Olimpia" que consta dunha estrutura especificamente deseñada para a construción de caixóns de formigón armado.

O venres dia 29 de xaneiro de 2010, un dos caixóns que conforman a estrutura principal da ampliación volcou inesperadamente mentres se producía a súa manobra de fondeo. Non se produciron danos persoais, pero complicouse moito o avance dos traballos. Tras meses de esforzo e preparativos, os enxeñeiros de Portos de Galicia e da empresa construtora lograron reflotar o caixón en xuño, nunha operación única en España pola súa dificultade.
A operación consistiu básicamente no selado das celas do caixón e na extracción da auga do seu interior, ata alcanzar os niveis necesarios para que a propia presión mariña obrigase ao elemento a realizar o movemento contrario ao que produciu o volcado. Nunca antes un porto español conseguira reflotar un caixón destas características, neste caso cunha inclinación duns 90 graos.

A operación pode semellar sinxela, pero esixiu seis meses de planificación, debido aos problemas técnicos e materiais xurdidos. Grazas a este esforzo, Portos de Galicia puido colocar a mediados de xullo o último dos caixóns previstos para ampliar o peirao de Brens, xusto un ano despois da instalación da primeira destas enormes pezas.
A obra está cofinanciada por Fondos Feder. Ademáis, dos 14,5 millóns de euros, Ferroatlántica aportará dous millons, en tres fases.
A obra está cofinanciada por Fondos Feder. Ademáis, dos 14,5 millóns de euros, Ferroatlántica aportará dous millons, en tres fases.