XUSTIFICACIÓN DO PLAN
Entre os principais eixos de traballo de Portos de Galicia no que resta de lexislatura atópase a decisión de elaborar un documento base para o desenvolvemento dun Plan estratéxico para a náutica recreativa cun horizonte de 8 anos (2012-2020).
O coñecemento acumulado no ámbito da náutica recreativa durante os 15 anos de existencia do ente público como xestor das infraestruturas necesarias para o desenvolvemento deste sector, permítenos afirmar que resulta necesaria a definición dunha estratexia que quede plasmada nun documento que funcione como folla de ruta da náutica recreativa cun horizonte a medio prazo.
Este documento, o Plan estratéxico, que proxectamos ao periodo 2012-2020, permitirá establecer as prioridades infraestructurais e de xestión do global do sistema portuario, de modo que optimicemos os recursos dispoñibles na administración pública.
Máis alá que un relatorio de proxectos construtivos, este plan define unha estratexia global, que incluirá obras, pero tamén modelos de explotación, directrices ambientais e valores engadidos da náutica recreativa (como o aspecto turístico).
OBXECTIVOS
Definir o modelo de xestión portuaria axeitado para optimizar a distribución de recursos destinado ao sector da náutica recreativa:
Investimentos: priorizar as dotacións infraestruturais.
Capital humano: establecer os criterios que definan o modelo de xestión, control e vixilancia dos portos máis axeitado para o sistema portuario galego.

Medidas ambientais: coñecer o impacto das instalacións náutico recreativas no seu entorno e establecer as medidas de integración destas infraestruturas no ambiente, coas preceptivas precaucións e sistemas correctores.
Proxección económica-turística: Concretar a capacidade de xeración de riqueza das instalacións náutico recreativas e integrala nas políticas turísticas de ámbito autonómico.
AXENTES IMPLICADOS
CONCLUSIÓNS DO PLAN
Partindo dos catro ámbitos de análise determinados na definición apriorística do plan, unha vez elaborado este podemos falar doutras tantas liñas estratéxicas que deberemos desenvolver, a través de actuacións estratéxicas concretas, para trasladar á practica o obxectivo de optimizar os recursos do sector da náutica recreativa.

- Xunta de Galicia.
- Concellos
- Empresas operadoras nas instalacións náutico recreativas.
- Clubes náuticos, a través de colectivos que os agrupan (Asnauga, Asociación Galega de Vela...).
- Colectivos sociais relacionados coa actividade portuaria.
- Colectivos sociais relacionados co turismo, o medio ambiente e a responsabilidade social.
CONCLUSIÓNS DO PLAN
Partindo dos catro ámbitos de análise determinados na definición apriorística do plan, unha vez elaborado este podemos falar doutras tantas liñas estratéxicas que deberemos desenvolver, a través de actuacións estratéxicas concretas, para trasladar á practica o obxectivo de optimizar os recursos do sector da náutica recreativa.
- Mellora da xestión
- Desenvolvemento das infraestruturas
- Aproveitamento do potencial turístico do sector en Galicia
- Incremento da responsabilidade social corporativa