Todo
| Termo | Definición |
|---|---|
| ABORDAXE |
Acción e efecto de abordar |
| ABRIGO |
Lugar no que fácilmente pode gorecerse a embarcación e permitir a chegada a terra dos seus ocupantes. |
| AMARRADOIRO |
Lugar onde se amarra. |
| APARELLO |
Conxunto de todos o paus, vergas, enxarcias e velas dun buque. Sistema composto de motores e cabos dispostos para vencer resistencias. Conxunto de elementos que conforman a arboradura e manobra dun veleiro. En xeral; mastro, botavara, botaló, enxarcias e velas. Tamén pode indicar o tipo de barco ao que nos refiramos; estaba aparellado de goleta, o que quere dicir que o seu mastro de popa é maior ou igual que o de proa. / Aparello ao tope: aparello no cal o estai proel está encapelado no tope do mastro. / Aparello fraccional: aparello no cal o estai proel está encapelado debaixo do tope do mastro, a unha distancia deste que depende do deseño do barco. |
| AUGADA |
Provisión de auga doce. / Sitio en terra onde se toma a auga doce. |
| BAIXAMAR |
O estado da marea no seu maior descenso. |
| BAIXÍO |
Baixo de area ou pedra en forma de banco, onde se corre o risco de varar. |
| BICHEIRO |
Hasta longa cun gancho e punta nun dos extremos; serve nas embarcacións menores para as faenas de atraque e desatraque, tomar obxectos da auga, etc. |
| CABOTAXE |
Navegación ou tráfico que se fai de porto a porto polas inmediacións da costa e tomando por guía principal os puntos coñecidos desta. |
| CANLE |
Sitio angosto por onde segue o fío da corrente. / A porción de mar entre dúas terras. |
| COMPÁS |
Agulla náutica chamada tamén, entre a xente de mar, compás magnético ou náutico ou simplemente compás; a bordo non se usa a voz compás, considerada de terra dentro, e si a máis castiza de cantas ten en lingua galega, agulla. / Agulla imantada que, posta en equilibrio nun soporte, se coloca paralela ao meridiano magnético do lugar. |
| EMBARCADOIRO |
Lugar destinado ao embarque de persoas e efectos. |
| ESTREITO |
A angostura ou canle por onde se comunican dous mares. |
| FURACÁN |
Vento de extraordinaria velocidade que procede en xeral das rexións tropicais. |
| LATITUDE |
As liñas de latitude que dividen o globo horizontalmente desde o ecuador ata os polos. Cada grao de latitude representa 60 millas mariñas. Os bordos verticais das cartas náuticas calíbranse en graos de latitude que, ao ser de valor constante, se empregan para medir as distancias. As liñas de lonxitude que dividen o globo en sentido vertical estréitanse no polo, así que a súa escala non pode empregarse como unidade de medida. O seu símbolo é I. |
| 2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar |















