GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio /

Buscar outra vez


Enderezo:

Club Náutico de Santa Marta de Ortigueira
Peirao Deportivo s/n
Costa Noroccidental
Ortigueira-A Courña

Teléfono:

+34 630 183 901 / +34 629 840 276

Email:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Web:

www.nauticoortigueira.com
Servizos
  • Grúa
  • Obradoiros
  • Rampa
  • Amarres
  • Auga
  • Electricidade

 

RUMBO

Abre a barra de Santa Marta entre a Ila de San Vicente polo L e a Punta do Frade polo O, sendo a parte navegable a máis próxima á parte occidental da Illa. Accedemos á boca polo NO tendo presente os restos do casco dun Barco fronte á praia de Fornos que en preamar queda cuberto. Acadamos o centro da barra levando a punta máis occidental da illa pola amura de Br e arribando máis cara a ela, navegando moi preto das súas pedras a unha distancia duns 15/20 metros. Seguimos a ese rumbo Rv: 195º pasada a barra de area metemos cana a Er acadando a canle que ten uns 200 m de ancho de escaso fondo. O Club Náutico de Ortigueira fondeou unhas boias de cor vermella e verde que nos indican a ruta. Na revolta coñecida como Sismundi mídense sondas entre 8 e 11 metros. Esta poza aprovéitana algúns veleiros para fondear se non teñen praza no porto deportivo. As condicións cambiantes que sofre a canle de entrada á ría de Santa Marta de Ortigueira, así como a posibilidade de rompente nesta, difi cultan o acceso ao porto. É aconsellable entrar ou saír cunha hora antes da preamar.

 

 

COMUNICACIÓNS E ACCESOS

Estradas: Estrada Comarcal C-642. Percorre a costa desde Ferrol ata Ribadeo.

Trens: Ferrocarril de Vía estreita FEVE. Estación de Ortigueira, tlf. +34 981 422 201.

Autobuses: A compañía de autobuses Arriva une Ortigueira coas principais cidades de Galicia.

Aeroportos: Aeroporto máis próximo: Alvedro (A Coruña); tlf. +34 981 187 200; Lavacolla  (Santiago), tlf. +34 981 547 501.

 

TURISMO

O porto de Ortigueira atópase na metade da costa oriental de Estaca de Bares. A este porto vaise en época estival; con todo, nel amarra unha pequena frota que faena estacionalmente. Na actualidade conta cunhas boas instalacións náutico-deportivas. A vila na que se sitúa, Santa Marta de Ortigueira, é coñecida internacionalmente pola celebración do Festival do Mundo Celta. De feito, son moi abundantes na zona os restos prehistóricos precélticos, celtas e de épocas posteriores.

 

CARACTERÍSTICAS:

Amarres: 131

Bocana: 80 metros

Eslora Máxima: 12m.

Calados: 1,5 e 3 m.

 

 

 

Porto de Ortigueira
Click image to open!
Click image to open!
Click image to open!
Click image to open!
Click image to open!
Click image to open!
Direccións

De : ou

A   : ou

* A información facilitada e meramente orientativa e pode estar suxeita a erros, Portos de Galicia non se responsabiliza da sua utilización


Buscar outra vez

2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar