Enderezo: Marina SadaPuerto Deportivo s/n Costa Noroccidental Sada-A Coruña 15160 | Teléfono: +34 981 619 015Fax: +34 981 619 287Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para veloWeb: http://www.marinasada.com | |
Descrición O Porto Deportivo Mariña Sada ofrece excelentes condicións, un total de 700 amarres para embarcacións de ata 20 m de eslora e 3 m de calado co 10% reservado a tránsitos. Unha ampla zona de servizos, venda, mantemento, reparación e abastecemento de combustible completan unha moi boa oferta. Dispoñen de servizos xerais de auga, luz, marinería, vixilancia as 24 horas e capitanía; tamén duchas e aseos, supermercado no propio porto e wifi en pantaláns. Servizo de travel-lift para embarcacións de ata 30 toneladas, zona de mariña seca e carenado, para efectuar mantemento, invernaxe e reparacións.
Presentan todos os días o parte meteorolóxico exposto no tablón de anuncios. Atópanse próximos toda clase de servizos: médicos, farmacias, bancos, escola de vela, hoteis, taxis, correos, efectos navais, supermercados, tendas, etc. É recomendable chamar ao porto deportivo con antelación se se necesita un punto de amarre. En caso de chegar de madrugada amarrar no peirao de agardar.
Comunicacions Estradas: Enlace Bergondo Autoestrada AP-9.
Trens: Estación da Coruña a 17 Km. Conexión con toda a Península; tlf. 34 981 150 202.
Autobuses: Comunicación con A Coruña cada 30 minutos. Telf.: 981 239 099.
Aeroportos: Aeroporto más proximo: A Coruña (Alvedro) a 18 Km.Telf: 981 187 200
Servizos Canal de radio: 9 Eslora máxima: 15m. Calado máximo: 2m. Número de amarres: 700
Turismo
Playas: A praia de Sada chamada tamén das Delicias.
Outros: O porto de Sada está emprazado en plena Ría de Betanzos no norte da provincia da Coruña. É un porto pesqueiro e deportivo (o porto deportivo máis característico da comarca), que ademais conta con escola de vela. É un importante enclave turístico situado no medio da comarca das Mariñas, que abarca pobos dunha gran beleza como Lorbé, Mera e Santa Cruz. Sada está próximo á Coruña e ten indubidable interese turístico especialmente no verán, cando se pode gozar das festas de agosto e saborear as excelencias gastronómicas da zona, especialmente as afamadas sardiñas. O complexo de Cerámicas do Castro constitúe outro punto de referencia para o visitante, as súas pezas artísticas son de gran calidade e ademais as súas instalacións conforman un fantástico complexo cultural. | ||
| Porto deportivo de Sada | ||
|---|---|---|
* A información facilitada e meramente orientativa e pode estar suxeita a erros, Portos de Galicia non se responsabiliza da sua utilización
| 2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar |










