GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / Contratación administrativa / Área de Infraestruturas / EDIFICIO PARA ESTACIÓN MARÍTIMA DE BAIONA" ...

EDIFICIO PARA ESTACIÓN MARÍTIMA DE BAIONA" (PONTEVEDRA);

Correo-e PDF

Documentación técnica (PROXECTO) correspondente á licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, expediente anticipado de gasto e tramitación ordinaria, das obras de "EDIFICIO PARA ESTACIÓN MARÍTIMA EN BAIONA" (PONTEVEDRA); CLAVE: PO-13-28-10-01

A documentación administrativa (o Prego Tipo de Cláusulas Administrativas Particulares e o Cadro de Características do Contrato, ) así como a información e seguemento relativos á devandita licitación atópase á disposición dos interesados no seguinte enderezo de internet: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14691

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS REMATA ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO 6 DE SETEMBRO DE 2010.

NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS:  Debido á publicación no DOG (03/09/2010) dunha correcc. de erros no anuncio de licitación, o prazo de presentación de ofertas REMATA ÁS 14:00 HORAS DO VINDEIRO 29 DE SETEMBRO DE 2010.

 

AVISO IMPORTANTE: CORRECCIÓN DE ERROS (Exención de esixencia de clasificación e esixencia de acreditación de solvencia económica e técnica)..

Advertido un erro cometido na memoria do proxecto construtivo correspondente ás obras de “Edificio para estación marítima en Baiona” (Pontevedra), ao esixir clasificación aos licitadores interesados, cando esta non resulta procedente debido ao importe de licitación das devanditas obras, cómpre efectuar as seguintes rectificacións no texto da Resolución do 3 de agosto de 2010, pola que se anuncia a licitación desta obra (DOG 153, do 11/08/2010). No apartado 2.a) Descrición do obxecto: “Edificio para estación marítima en Baiona” (Pontevedra), onde dí: - Clasificación: C-3-d-, debe de dicir: - Clasificación: Non se esixe-., engadíndose un novo parágrafo ao citado apartado 2.a) , no que se dispón –“Solvencia: acreditarase conforme o esixido nas cláusulas 3.3.1 e 3.3.2 do Prego Tipo de Cláusulas Administrativas Particulares”. No apartado 6 “Requisitos específicos do contratista”, engádese un novo apartado que debe dicir “c) Solvencia económica e técnica, se é o caso: a esixida no punto 2 anterior.” Así mesmo, pola presente Resolución dáse publicidade á modificación do apartado 2 -Clasificación do contratista e categoría do contrato- do Anexo 4.10 da memoria do proxecto construtivo das obras de referencia, e á do apartado 5 do Cadro de Características do Contrato relativo ás obras de referencia, publicado no enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=14691, no relativo á clasificación e á solvencia esixidas aos licitadores. As devanditas correccións foron enviadas o día 31 de agosto de 2010 ao DOG e serán publicadas nos vindeiros días.

A partir da publicación da corrección ábrese un novo prazo para a presentación de ofertas.

(ENGÁDESE O ARQUIVO DO CCC COAS DEBIDAS CORRECCIÓNS, EN MATERIA DE CLASIFICACIÓN E SOLVENCIA, ASÍ COMO A CORRECCIÓN DO ANEXO 4.10.2) DA MEMORIA DO PROXECTO, EXIMÍNDOSE DE CLASIFICACIÓN AOS CONTRATISTAS.

 

Arquivos adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño do arquivo
Descargar este arquivo (Estación Marítima Baiona.pdf)PROXECTO [39679 Kb]
Descargar este arquivo (dog. licit..pdf)ANUNCIO LICITACION- DOG [32 Kb]
Descargar este arquivo (HOJA PROYECTO-NO CLASIF..pdf)MODIFICACIÓN DO ANEXO 4.10.2) DA MEMORIA DO PROXECTOEste arquivo sustitúe ao Anexo 4.10.apartado 2 -Clasificación do contratista e categoría do contrato- da Memoria do proxecto construtivo das obras de referencia.[39 Kb]
Descargar este arquivo (MODIFICAC- CCC-BAIONA.pdf)MODIFICACIÓN DO CADRO DE CARACTERISTICAS DO CONTRATO (CCC)Este arquivo sustitúe ao antigo CCC, publicado no perfil de contratante, resultando modificado no seu apartado 5, eximindo da esixencia de clasificación e impoñendo a esixencia de acreditar a solvencia por parte das empresas que opten á presente licitac.[206 Kb]
Descargar este arquivo (dog correcc errores.pdf)DOG CORRECCIÓN DE ERRORES [29 Kb]
 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar