|
Participación ciudadana na elaboración de disposicions de carácter xeneral
A Consellería do Mar no exercicio das súas funcións e de conformidade co disposto no artigo 105 da Constitución Española e no artigo 9 Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, procede a publicar na súa páxina web a relación dos procedementos de elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral que estean en curso, indicando o seu obxecto e estado de tramitación, coa posibilidade de que os cidadáns podan remitir as súas suxestións.
En calquera momento anterior ao trámite de audiencia ou, de ser o caso, ao informe final da secretaría xeral, as persoas, individualmente ou por medio de asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitir suxestións relativas a aqueles proxectos que as afecten. As proposicións, suxestións ou recomendacións recibidas serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final no cal cada unha recibirá unha resposta razoada, agás nos casos de recoñecida e notoria urxencia, nos que a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.
A presentación de propostas non atribúe, por si mesma, a condición de persoa interesada no procedemento.
O previsto anteriormente non substitúe o trámite de audiencia pública, nos supostos en que sexa preceptivo de acordo coa normativa de aplicación.
|
-
Proxecto de orde pola que se concretan as condicións, as escalas e os criterios para a aplicación das bonificacións da taxa por utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público portuario.
ÓRGANO ADMINISTRATIVO: Portos de Galicia
ESTADO DE TRAMITACIÓN: Elaboración
SUGERENCIAS:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
-
Proxecto de orde pola que se aproban os valores dos terreos e augas das zonas de servizo dos portos adscritos á Comunidade Autónoma de Galicia xestionados polo ente público Portos de Galicia.
ÓRGANO ADMINISTRATIVO: Portos de Galicia
ESTADO DE TRAMITACIÓN: Elaboración
SUGERENCIAS:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
|
|
|
|
Páxina 1 de 2 |