GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / Documentación / Disposicions de Carácter Xeral
Disposicions de caracter xeneral
Participación ciudadana na elaboración de disposicions de carácter xeneral

A Consellería do Mar no exercicio das súas funcións e de conformidade co disposto no artigo 105 da Constitución Española e no artigo 9 Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, procede a publicar na súa páxina web a relación dos procedementos de elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral que estean en curso, indicando o seu obxecto e estado de tramitación, coa posibilidade de que os cidadáns podan remitir as súas suxestións.

En calquera momento anterior ao trámite de audiencia ou, de ser o caso, ao informe final da secretaría xeral, as persoas, individualmente ou por medio de asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitir suxestións relativas a aqueles proxectos que as afecten. As proposicións, suxestións ou recomendacións recibidas serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final no cal cada unha recibirá unha resposta razoada, agás nos casos de recoñecida e notoria urxencia, nos que a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

A presentación de propostas non atribúe, por si mesma, a condición de persoa interesada no procedemento.

O previsto anteriormente non substitúe o trámite de audiencia pública, nos supostos en que sexa preceptivo de acordo coa normativa de aplicación.


Correo-e PDF
  • Proxecto de orde pola que se aproban os criterios de cálculo do valor das obras e instalacións e do valor da súa depreciación para a aplicación da taxa por utilización privativa, ocupación ou aproveitamento especial do dominio público portuario da Comunidade Autónoma de Galicia.

ÓRGANO ADMINISTRATIVO: Portos de Galicia

ESTADO DE TRAMITACIÓN: Elaboración

SUGERENCIAS: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Arquivos adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño do arquivo
Descargar este arquivo (OrdenV_obrasInstalacions.pdf)Descargar documentoDescargar documento[209 Kb]
 
Correo-e PDF
  • Proxecto de decreto polo que se establecen as cotas das tarifas portuarias polo exercicio de actividades comerciais, industriais e de servizos nos portos e instalacións portuarias dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

ÓRGANO ADMINISTRATIVO: Portos de Galicia

ESTADO DE TRAMITACIÓN: Elaboración

SUGERENCIAS: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Arquivos adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño do arquivo
Descargar este arquivo (MdecretoCis_sep08.pdf)Descargar documentoDescargar documento[758 Kb]
 
Páxina 2 de 2

Portos Xacobeos

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar