GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio /

Sistema Portuario Galego

Ao longo dos seus 1.720 quilómetros de costa, a nosa Comunidade Autónoma conta con 128 portos. Deles, a Xunta de Galicia, a través do ente público PORTOS DE GALICIA, adscrito á Consellería do Medio Rural e do Mar, xestiona directamente 122. Os outros 6, de maior dimensión e de interese xeral do Estado, dependen do Ministerio de Fomento e son xestionados por cinco Autoridades Portuarias: Vigo, Marín, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol-San Cibrao.

 

PORTOS DE GALICIA

Ler máis

Novas

PORTOS DE GALICIA PECHA CON ÉXITO UN SIMULACRO DE ACCIDENTE MARÍTIMO AMBIENTAL NUN ESTUARIO DE IRLANDA

Correo-e Imprimir

O ente público participou nun exercicio de loita contra a contaminación do programa internacional Netmar, cofinanciado con fondos Feder.


Probáronse un avión e submarinos non tripulados, así como un vehículo operado a distancia, que responderon segundo o previsto.


A experiencia permitirá extrapolar protocolos de actuación para situacións similares nas rías galegas, que acollerán futuras probas de simulación.


Portos de Galicia vén de pechar con éxito a súa participación nun simulacro de accidente marítimo ambiental desenvolvido no estuario de Shannon, en Irlanda. Esta actividade, enmarcada nun contexto ambiental de grande similitude coas rías galegas, forma parte do programa internacional de loita contra a contaminación marítima Netmar, cofinanciado nun 65% por fondos europeos Feder.

Ler máis...
 

PORTOS DE GALICIA IMPULSA O ESTABLECEMENTO DE SINERXIAS ENTRE OS SECTORES RELACIONADOS CO TURISMO NÁUTICO

Correo-e Imprimir

O presidente do ente público e a Directora de Turismo de Galicia reuníronse cos principais clubes náuticos autonómicos e administracións locais.


O organismo portuario deu conta da próxima participación no Salón Náutico da Rochelle e mostrou o seu apoio á proposta da D.O. Rías Baixas para promocionar os seus viños nas feiras naúticas.


Portos de Galicia está a impulsar o establecemento de sinerxias entre os distintos sectores relacionados co turismo náutico recreativo. Así quedou de manifesto esta mañá coa participación do presidente do ente público, José Juan Durán, xunto coa Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na segunda reunión de coordinación para a promoción da náutica recreativa, celebrada no municipio pontevedrés de Cambados.

Ler máis...
 

PORTOS DE GALICIA EXECUTARÁ A MELLORA DAS INSTALACIÓNS PARA O SECTOR PROFESIONAL DE MEIRA, EN MOAÑA

Correo-e Imprimir

O presidente do ente público visitou esta mañá a zona na que se realizarán reformas solicitadas pola Confraría.


O organismo público reparará o edificio da lonxa no que se están a desenvolver diversos usos pesqueiros e marisqueiros.


Portos de Galicia executará de xeito inminente a mellora das instalacións destinadas ao sector profesional do peirao de Meira, no municipio pontevedrés de Moaña. Así o anunciou o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona para informar sobre esta actuación solicitada pola Confraría.

Ler máis...
 

PORTOS DE GALICIA LEMBRA QUE O SEU COMPROMISO COA INSTALACIÓN DUN TRAVEL-LIFT EN ARES CÍNGUESE A O OUTORGAMENTO DA CONCESIÓN

Correo-e Imprimir

O organismo portuario tramitará unha dragaxe de mantemento solicitada polo sector profesional.


Portos de Galicia lembra que o compromiso adquirido formalmente polo ente público coa comunidade portuaria de Ares para impulsar a posta en funcionamento dun travel-lift neste peirao cínguese a o outorgamento dunha concesión de explotación da zona de varada, na que operaría dita máquina. Este acordo foi consensuado nunha reunión na que partirciparon o Concello de Ares, o sector profesional e o clube náutico da localidade, xunto co presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán.

Ler máis...
 

PORTOS DE GALICIA REDUCIU NUN 36,2% O CONSUMO DE LUZ NOS PEIRAOS EN 2012 CO PLAN DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA

Correo-e Imprimir

O presidente do ente público deu conta do balance anual desta iniciativa na Comisión 8ª do Parlamento, a preguntas do voceiro do Mar do Grupo Popular.


O organismo portuario considera altamente satisfactorios os resultados obtidos e mantén en funcionamento esta iniciativa consistente na alternacia de puntos e intensidade lumínica.


Portos de Galicia reduciu nun 36,2% o consumo de luz nos peiraos de titularidade autonómica ao longo de 2012 coa posta en funcionamento do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética. Así o confirmou hoxe o presidente do ente público, José Juan Durán, na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, respostando a unha pregunta do voceiro do Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro.

Ler máis...
 
Páxina 1 de 127

GUÍA BÁSICA DE SERVICIOS NÁUTICOS DE GALICIA

IALA AISM XVIII Conference


A Coruña - Spain




Mais información

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar