GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / PORTOS DE GALICIA ACONDICIONARÁ O ACCESO AO PORTO...

PORTOS DE GALICIA ACONDICIONARÁ O ACCESO AO PORTO DE MEIRA, HUMANIZARÁ OS ESPAZOS PARA PEÓNS, E PAVIMENTARÁ AS INSTALACIÓNS PORTUARIAS

Correo-e Imprimir
Unha vez que as obras rematen quedará conformado un percorrido peonil continuo entre os portos de Moaña e Meira de aproximadamente tres quilómetros.

A actuación delimitará os usos na superficie portuaria, así como a renovación e mellora dos pavimentos, das redes de servizos e a recolocación da escollera

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2009.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, anuncia hoxe no Diario Oficial de Galicia a adxudicación definitiva das obras de acondicionamento do acceso ao porto de Meira, termo municipal de Moaña na provincia de Pontevedra, humanizando os espazos para peóns e pavimentando e mellorando as instalacións portuarias. Esta actuación, conta cun presuposto de 749.545,60 euros e un prazo de execución de dez meses.

Esta obra engloba tres actuacións como son a recolocación da escollera, a designación dos usos e pavimentación da zona portuaria e finalmente a renovación e dotación dos servizos necesarios

No vial de acceso ao porto de Meira, foi necesario estudar unha adecuada ordenación en canto á distribución dos carrís de rodadura, zonas de aparcamento (moi escasas na actualidade) e espazo para o tráfico peonil. O estado dos diferentes pavimentos das explanadas na zona da lonxa e de manobra da rampla de varada, requerirá unha actuación de renovación, uniformizando firmes e completando a rede de evacuación de augas pluviais. Unha vez que ambas obras se executen, quedará conformado un percorrido peonil continuo entre os portos de Moaña e Meira de aproximadamente tres quilómetros.

Para a execución da obra procederase en primeiro lugar á execución dos traballos previos ao inicio, que inclúen a demolición e desmontaxe de todos os elementos a substituír o que interfiran no desenvolvemento desta actuación. Proponse recolocar a escollera ata o comezo do dique do porto, para conformar unha protección sólida que permita implantar un borde peonil, así como ampliar as zonas de aparcamento con 50 prazas, utilizando toda a superficie desaproveitada actualmente.

Unha vez colocada a nova escollera, se rehabilitará o bordo litoral, incluíndo toda a superficie infrautilizada actualmente. Así, se construirá un amplo paseo peonil de 3,5 metros de ancho, que unha vez que rematen as actuacións da Dirección Xeral de Costas no borde da praia, formará parte do percorrido peonil continuo entre os portos de Moaña e Meira.

A calzada de acceso ao porto será de sete metros con dous carrís e, nas zonas


do pavimento actual, afectadas pola implantación dos servizos, está previsto reforzar o recheo cunha capa de formigón, evitando de esta forma descontinuidades no pavimento de base.

Se reforma tamén, a delimitación peonil do borde interior da zona portuaria, próxima ás edificacións, para conseguir una beirarrúa de dous metros de ancho mínimo, integrando e mellorando esteticamente a zona adicada a “Museo das Carreiras”.

 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar