As obras consisten no aumento de nivel da superestrutura do tramo Norte do peirao comercial nunha lonxitude de 198 metros, regularizándoa en todo el a unha altura de 5,10 metros.
Esta actuación ten por obxecto a execución do recrecido dos muros e explanadas colindantes do peirao comercial e de armamento afectados polas inundacións producidas polas mareas vivas.
O orzamento é de 826.709,25 euros e o prazo de execución de nove meses.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2009.- O ente público Portos de Galicia, anuncia hoxe no Diario Oficial de Galicia a adxudicación definitiva das obras de aumento da altura do peirao comercial de Ribadeo, na provincia de Lugo. O orzamento é de 826.709,25 euros e o prazo de execución de nove meses.
Esta actuación ten por obxecto definir e valorar as obras necesarias para la execución do recrecido dos muros e explanadas colindantes do peirao comercial e de armamento afectados polas inundacións producidas polas mareas vivas, para que en todo momento estean dispoñibles todos os espazos, de xeito que as empresas que os utilizan, o fagan con plenas garantías e mantendo en todo momento a actividade dos mesmos.
As obras consisten no aumento de nivel da superestrutura do tramo Norte do peirao comercial nunha lonxitude de 198 metros, regularizándoa en todo el a unha altura de 5,10 metros que coincide co nivel do resto do peirao, o aumento de cota do tramo anterior do peirao de armamento nunha lonxitude de 55 metros, o recrecido da fronte entre ambos peiraos, e a elevación de todos os pavimentos que como consecuencia de ditos recrecidos necesitan da súa restitución para adaptar as pendentes superficiais ás novas cotas.
Ademais, debido ao aumento de cota que se proxecta, entendendo que os actuais medios de amarre non van a poder ser recuperados para a súa nova colocación, é polo que será necesaria súa restitución por novos amarres, colocándose boiardos no peirao comercial de 850 quilos, substituíndo tamén as actuais defensas por outras verticais colocadas no paramento do peirao e en toda a súa lonxitude. Para o peirao de armamento colocaranse boiardos de 650 quilos, recolocándose as súas defensas e aproveitando no seu caso as defensas retiradas do peirao comercial. Tamén se ten previsto adaptar todas as escalas metálicas dos paramentos dos novos peiraos afectados.
Do resultado do aumento de cota dos muros, será preciso elevar a actual baliza da punta do peirao comercial, así como a súa caseta e os elementos afectados do subministro de combustible que se emprazan en dito peirao.

















