Portos de Galicia insiste en que tal decisión foi tomada consciente do perigo que para a seguridade marítima e navegación supoñían os restos do devandito pantalán
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2009.- Portos de Galicia colocará un novo pantalán na praia de Cesantes, previa adscrición de Costas, si o organismo estatal non se compromete coas demandas dos veciño se mariñeiros. Asi mesmo, Portos de Galicia anunciou esta mañan a retirada e recollida do pantalán instalado na praia de Cesantes, no termo municipal de Redondela, a pesares de trátase dunha instalación menor situada en dominio público marítimo-terrestre, non formando parte de ningún porto nin estando adscrita a ningún dos que son competencia de Portos de Galicia.
Portos de Galicia insiste en que tal decisión foi tomada consciente do perigo que para a seguridade marítima e navegación supoñían os restos do devandito pantalán, e á vista de que xa lle fora comunicado por medio dunha carta enviada o pasado mes de maio, tanto á Demarcación de Costas como ao alcalde do concello de Redondela. Ata este momento Portos de Galicia non recibiu ningún tipo de resposta de ambas administracións.
Temos que lembrar que de acordo co artigo 110.b da Lei 22/1998, do 22 de xullo, de Costas corresponde á Administración do Estado a xestión do dominio público marítimo-terrestre que inclúe as instalacións marítimas menores, non adscritas a ningún porto de competencia autonómica tal como a indicada..
Nese senso, e dado que nos últimos anos, o mencionado pantalán foi empregado polos veciños e outros usuarios, e ante a situación de perigo que supón o mal estado no que se atopa, Portos de Galicia decidiu pechalo e sinalizar o acceso ao peirao durante o ano 2008. Na actualidade o peche foi restaurado recentemente por este ente público.
O presidente de Portos de Galicia, reuníuse esta mañán en Santiago, co patrón maior da confraría, Clemente Bastos, membros do colectivo veciñal de Cesantes e portavoz do Grupo Popular no concello de Redondela Francisca Canal.




















