GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / PORTOS DE GALICIA E ENCE MANTERÁN O PORTO DE RIBA...

PORTOS DE GALICIA E ENCE MANTERÁN O PORTO DE RIBADEO COMO OPCIÓN LOXÍSTICA COMPLEMENTARIA CARA A NECESIDADE DE TRANSPORTE DA EMPRESA

Correo-e Imprimir

ENCE agradeceu o interese demostrado por Portos de Galicia para acadar o acordo polo que se mantén parte do tráfico de pasta de celulosa desde o porto de Mirasol

• A solución loxística do porto de Ribadeo é complementaria coa oferta de transporte de FEVE e o porto de Xixón para o transporte de pasta de papel e madeira desde e cara Navia

• O acordo, asinado esta mañá na Consellería do Mar tras unha reunión, contempla o transporte de entre 1 e 1,5 millóns de  toneladas de pasta de celulosa que seguirán saíndo polo porto de Mirasol ata o ano 2020, mantendo así a súa actividade como centro xerador dun importante tráfico de mercadorías

Santiago, 9 de xuño de 2010.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, e ENCE pecharon esta mañá un acordo polo cal se confirma a aposta por manter durante os vindeiros dez anos o porto de Ribadeo como opción loxística complementaria cara ás necesidades de transporte de ENCE. Mediante este acordo, ENCE comprométese a manter a súa actividade no porto de Mirasol como importante opción loxística no só para os movementos que seguirán sendo necesarios durante o desenvolvemento da infraestrutura ferroviaria prevista, tamén para as mercadorías adicionais e a pasta de papel derivada de ampliacións de capacidade da fábrica de Navia.En total, o acordo contempla o transporte de entre 1 e 1,5 millóns de  toneladas de pasta de celulosa que seguirán saíndo polo porto de Mirasol ata o ano 2020, mantendo así a súa actividade como centro xerador dun importante tráfico de mercadorías. Durante a reunión mantida esta mañá na Consellería do Mar, ENCE agradeceu o interese demostrado por Portos de Galicia para acadar o acordo polo que se mantén parte do tráfico de pasta de celulosa desde o porto de Mirasol, e que confirma -como a compañía de xestión forestal sostible vén asegurando- que Ribadeo seguirá sendo unha opción na súa planificación loxística, sen que esta alternativa afecte ao contrato firmado con FEVE.

Portos de Galicia vai acometer a curto prazo actuacións de mellora que tamén supoñen un importante esforzo inversor como son a dragaxe da canle de navegación e a mellora da liña de atraque do peirao, nun investimento que suporá uns 2,6 millóns de euros ou o estudo do nó loxístico de Ribadeo, con todos os axentes implicados na cadea loxística de transporte do tráfico de pasta de papel, que permita optimizar as operacións.


Segundo manifestou ENCE, o acordo coa Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, e o proxecto en desenvolvemento con FEVE son dúas medidas complementarias que garanten a medio e longo prazo a sostenibilidade das súas operacións desde o punto de vista económico, social e ambiental.

O Grupo ENCE está convencido de que o seu beneficio socioeconómico, aumentado agora coa ampliación da fábrica asturiana de Navia, seguirá sendo importante nesta zona da comunidade galega coa que a compañía ten un claro compromiso social, económico e ambiental.

 

 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar