O presuposto desta actuación foi duns 700.000 euros. Parte destas obras están cofinanciadas con fondos FEDER
• As obras de a ampliación e mellora das instalacións de servizos náutico deportivos do porto de Portonovo, consistiron na demolición parcial do actual edificio existente e a reubicación dos distintos usos no seu interior
Santiago, 7 de xullo de 2010.- Portos de Galicia ven de rematar hai un días as obras de ampliación e reforma do edificio de servizos náutico recreativo de Portonovo, no termo municipal de Sanxenxo, na provincia de Pontevedra. O presuposto desta actuación foi duns 700.000 euros. Parte destas obras están cofinanciadas con fondos FEDER. A parcela correspondente ao edificio de servizos náutico deportivos de Portonovo localizase no extremo do espigón do porto deportivo.
As obras de a ampliación e mellora das instalacións de servizos náutico deportivos do porto de Portonovo, consistiron na demolición parcial do actual edificio existente e a reubicación dos distintos usos no seu interior. Ademais leva pegado ao longo da súa fronte sur un volume con estrutura independente, que ocupa unha superficie en planta de 102 metros cadrados e que ofrece novos espazos útiles aos usuarios. A altura sobre rasante final será de 7,30 metros, adaptándose a cota da cuberta actual.
A plataforma na que se asenta é o extremo do espigón do porto deportivo de Portonovo. Ten unha forma irregular en planta cunha lonxitude máxima de 36 metros e un ancho de 16 metros. O edificio queda rodeado polo mar nos seus lados norte, este e sur. Procedeuse ademais a unha ampliación e regularización da zona que rodea o edificio con pasarelas apoiadas sobre a escollera que permitirán un tránsito máis cómodo dos peóns e facilitarán as manobras dos automóbiles que se teñan que acercar para asistir ao edificio.
Na planta baixa conten os servizos de marinería e capitanía, vestiarios, almacén de material náutico, recepción e unha cafetería con posibilidade de acceso independente. A planta primeira conten un restaurante con cocina, almacén e aseo e un salón privado cunha sala de lectura que se poderá utilizar para sala de reunións. Ademais unha terraza aberta cara o sur e cuberta cunha pérgola de madeira permite a apertura da fachada cara o porto. Ambas plantas quedan conectadas pola escaleira preexistente e por un ascensor.




















