GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / PORTOS DE GALICIA ESTÁ A ANALIZAR OS DATOS RECOPI...

PORTOS DE GALICIA ESTÁ A ANALIZAR OS DATOS RECOPILADOS NOS EQUIPOS DE MEDICIÓN DA ONDAXE INSTALADOS EN VARIOS PORTOS

Correo-e Imprimir

Este programa experimentouse nos portos de Muxía, Espasante, Cedeira, Corcubión e Laxe para de seguido amplialo probablemente a outras dársenas galegas

• Portos de Galicia, no seu compromiso de mellorar a seguridade das persoas, embarcacións e instalacións portuarias, ven realizando nos últimos anos diversos estudos co fin de paliar esta problemática estudando alternativas con diferentes configuracións

• Os traballos realizados ata o de agora comprenden unha campaña de monitorización da onda longa e ondaxes, velocidade e dirección das correntes, ondaxe direccional dispoñendo tamén dun sistema para a súa recepción en tempo real

Santiago, 10 de xullo de 2010.- Portos de Galicia está a estudar os datos obtidos no programa de seguimento e medida das ondaxes en varias dársenas autonómicas. Estes datos, e o resultado do estudo, servirán cara á realización de futuras actuacións nos diversos portos galegos. Este programa experimentouse nunha primeira fase nos portos de Muxía, Espasante, Cedeira, Corcubión e Laxe para, de seguido amplialo, probablemente, a outras dársenas galegas.

Portos de Galicia, no seu compromiso de mellorar a seguridade das persoas, embarcacións e instalacións portuarias, ven realizando nos últimos meses diversos estudos co fin de paliar esta problemática estudando alternativas con diferentes configuracións.

Como conclusións destes estudos, e dada a complexidade do problema da onda longa, é polo que está a estudar os datos obtidos neste programa de seguimento e medida das ondas longas e axitación dentro das radas para, desta maneira poder calibrar os modelos utilizados nos estudos obtidos e ter uns datos da realidade existente nos portos.

Con este traballo o organismo portuario está analizando as melloras da axitación en varias dársenas para determinar as futuras decisións a tomar. Neste senso existen, ás veces, problemas de axitación con fortes temporais nalgunhas radas pero, principalmente, problemas de axitación con movementos asociados que producen a aparición das ondas longas dentro dos abrigos das augas interiores dársenas portuarias.

Os traballos realizados ata o de agora consisten  nunha monitorización da onda longa e ondaxes con  equipos que miden os datos de presión, a velocidade e dirección das correntes, a ondaxe direccional dispoñendo tamén dun sistema para a súa recepción en tempo real e lectura de datos en liña ademais do almacenamento histórico dos resultados obtidos.

 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar