GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / PORTOS DE GALICIA REMATA AS OBRAS DE INSTALACIÓN...

PORTOS DE GALICIA REMATA AS OBRAS DE INSTALACIÓN DUN PANTALÁN PARA EMBARQUE DE PASAXEIROS NO PORTO DE AGUETE

Correo-e Imprimir
Cumprindo  o compromiso efectuado polo presidente de Portos de Galicia de establecer un lugar para tráfico de pasaxeiros neste porto e dentro do Plan de Actuacións para o porto de Aguete presentado recentemente

•    As obras consistiron na colocación dun pantalán para embarque e desembarque de pasaxeiros de 24 metros de lonxitude por tres de ancho, perpendicular ao peirao


Santiago, 12 de xullo de 2010.- Portos de Galicia, ven de rematar nestes días as obras de instalación dun pantalán para embarque de pasaxeiros no porto de Aguete, cumprindo  o compromiso efectuado polo presidente de Portos de Galicia de establecer un lugar para tráfico de pasaxeiros neste porto, e dentro do Plan de Actuacións para o porto de Aguete presentado recentemente. O investimento desta actuación foi duns 50.000 euros. As obras consistiron na colocación dun pantalán para embarque e desembarque de pasaxeiros  de 24 metros de lonxitude por tres de ancho en dous módulos de pantalán, perpendicular ao peirao, e paralelo ao dique de abrigo aboiante, unido por medio dunha pasarela, tamén perpendicular ao peirao, de 20 metros de lonxitude e dous de ancho que facilitará o paso ao devandito pantalán de embarque.

A finalidade destas accións é a de recuperar, por medio da colocación destes pantaláns de pasaxeiros, un antigo medio de  transporte como é o tráfico de pasaxeiros pola ría de Pontevedra. Con esta actuación, e cunha liña de barcos de pasaxeiros será posible trasladarse entre localidades da ría en menor tempo, cun modelo de transporte natural, ecolóxico, económico e rápido, proporcionando ademais dun novo tipo de usos para os portos.

Portos de Galicia está a potenciar e impulsar o transporte marítimo entre localidades ribereñas, como outro dos atractivos historicamente utilizados entre os habitantes e poboacións das rías galegas. Neste momento estase a instalar outro pantalán en As Corbaceiras, en Pontevedra, que unirá estes dous portos.
 

Portos Xacobeos

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar