No que va de ano o tráfico de mercadorías dos portos autonómicos duplicaron as súas cifras de cargas e descargas con respecto ao mesmo período do ano 2009
• Álvarez-Campana, presidente de Portos co novo goberno da Xunta desde hai mais dun ano, informou aos membros do consello de Administración do organismo portuario
• Un dos convenios mais importantes deste ano 2010 foi asinado coa empresa Ence para a facturación da tarifa X-3, que permitirá garantir un tráfico de pasta de papel no porto de Ribadeo durante os vindeiros dez anos
Santiago, 13 de xullo de 2010.- O balance da execución orzamentaria de Portos de Galicia mellorou os seus resultados, debido ao bo comportamento dos ingresos e a contención do gasto corrente. Este balance anual foi presentado polo presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, no consello de administración do ente público Portos de Galicia celebrado en Santiago de Compostela.
Álvarez-Campana, presidente de Portos co novo goberno da Xunta desde hai mais dun ano, informou tamén aos membros do consello de Administración do organismo portuario que os ingresos correntes medraron no seu conxunto caseque un 3%.
Por outra banda, as inversións levadas a cabo durante o ano 2009 ascenderon a mais de 36,8 millóns de euros cun grao de execución do 69% sendo o nivel de compromiso de casi un 87% e de licitación dun 90%. Asimesmo, estase a facer un particular seguimento de cobros e pagos, pasando dos 106 días no ano 2008 a reducir o período medio de pago a 44 días neste último ano.
Para mellorar a seguridade da navegación comezou a sinalización dos polígonos de bateas nas rías de Sada e Ferrol, e comezaron os trámites cara a sinalizar as da Ría de Vigo. Tamén se desenvolveron, nunha primeira fase nos portos de Fisterra e Cambados, iniciativas para instaurar nos portos galegos redes wifi, e se preparan novas actuacións para a náutica recreativa e usos pesqueiros, entre outros, coa reordenación das dársenas e instalacións existentes en Muros e Cambados. Unha actuación que seguirá executándose ao longo deste ano noutras dársenas.
Por outra banda, Portos de Galicia ten redactado un novo Plan de Sistemas que permitirá acceder á implantación da Administración electrónica ademais de poder mellorar a comunicación e coordinación entre as instalacións portuarias e os servizos centrais.
Outra das iniciativas levadas a cabo consistiu no acercamento ás áreas industriais dos diferentes concellos para poder valorar a dispoñibilidade de solo para actividades portuarias na Comunidade Autónoma, como é o caso de Lousame, cunha superficie próxima aos 12.000 metros cadrados no entorno dos portos do Barbanza.
Tráficos de mercadorías 2010
Xa neste ano 2010, o tráfico total de mercadorías, nos portos xestionados polo ente público Portos de Galicia, duplicaron as súas cifras de cargas e descargas con respecto ao mesmo período do ano anterior, pasando das 316.000 toneladas ás mais de 672.000 no que va deste ano. O número de buques que realizaron operacións de carga ou descarga foi de 173.
O incremento do tráfico comercial nos portos xestionados polo ente público Portos de Galicia foi motivado fundamentalmente polos tráficos de madeira e mineral no porto de Cariño e de pasta de papel no de Ribadeo e, con especial relevancia no de Cee pola carga de area. En canto aos tráficos de túnidos conxelados que se levan a cabo nos portos de A Pobra do Caramiñal e Ribeira, mantéñense practicamente iguais que no período anterior. É de destacar a consolidación dos tráficos de madeira en Cariño, Laxe, Burela e Celeiro. Finalmente, no caso da pesca fresca no ano 2009 foron descargadas 117.157 toneladas o que supuxeron un valor en primeira venda de mais de 234,7 millóns de euros.
Un dos convenios mais importantes deste ano 2010 foi asinado coa empresa Ence para a facturación da tarifa X-3, que permitirá garantir un tráfico de pasta de papel no porto de Mirasol, en Ribadeo durante os vindeiros dez anos. Tamén foron desenvoltos neste ano diferentes convenios para poder realizar actuacións na zona de servizo dos portos, son os caos do vial de acceso en Pontedeume e o bordo marítimo de Panxón.
En canto ao desenvolvemento de actuacións nos portos para a adecuación de parques infantís, neste aspecto hai dous tipos de actuacións somo son, por unha banda, a adecuación con presuposto de Portos de Galicia ou, en segundo lugar, actuacións municipais con fondos diversos, neste senso, está rematado o parque infantil de Cambados e estanse a executar os de Escarabote e Combarro.




















