GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / A CONSELLEIRA DO MAR ASEGURA QUE O SEU DEPARTAMENT...

A CONSELLEIRA DO MAR ASEGURA QUE O SEU DEPARTAMENTO FARÁ TODO O POSIBLE PARA QUE MAÑÁ A LONXA DE BURELA ESTEA OPERATIVA

Correo-e Imprimir

A conselleira do Mar achegouse ás instalacións de Armadores de Burela para preocuparse pola súa situación tralo incendio desta mañá

 Rosa Quintana destacou a boa disposición de todos os efectivos que están poñendo os medios necesarios para traballar coordinadamente

Santiago, 22 de xullo de 2010.-  A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou que o seu departamento fará todo o posible para que mañá a lonxa de Burela estea operativa. Fíxoo durante a súa visita ás instalacións de Armadores de Burela (ABSA), afectadas polo incendio desta mañá. Rosa Quintana lembrou que “estamos en plena campaña do bonito e está indo moi ben, xa que hai moita pesca e estase pagando a bo prezo”. Neste sentido incidiu que a intención da Consellería do Mar é “limpar os residuos da parte que está afectada o máis rápido posible para que poidan empezar canto antes os traballos habituais da lonxa”.

A titular de Mar alegrouse de que “dentro do malo non houbese vítimas mortais” e en canto ás perdas ocasionadas polo incendio informou que aínda é cedo para determinar a cantidade de peixe que había dentro das instalacións . Engadiu que a policía xudicial está traballando niso para posteriormente proceder á retirada dos residuos. A conselleira destacou a boa disposición de todos os efectivos que están poñendo os medios necesarios para traballar coordinadamente.

 

Dispositivo de emerxencias
Tras recibir o aviso do incendio que empezou sobre as dez desta mañá na ala norte dunha nave de ABSA, a Consellería do Mar a través de Portos de Galicia puxo en marcha o dispositivo de emerxencias no que tamén participaron protección Civil de Burela, de Cervo, de Foz, de Viveiro e de Barreiros, entre outros da zona. Na extinción do incendio tamén participaron os bombeiros da fábrica ALCOA, situada no porto de San Ciprián, Salvamento Marítimo coas embarcacións Aliot e Concepción Arenal, botando chorros de auga desde o mar, e os operarios de Asteleiros Armón co seu dispositivo contraincendios. A policía local de Burela e a Garda Civil tamén puxeron a disposición os seus efectivos.
 
Portos de Galicia cortou a circulación de tráfico cara a ABSA, coa axuda da policía local, e arredor do medio día quedaba sufocado o incendio procedéndose á inspección das instalacións.

 

 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar