O concurso establece dous sectores, o norte que comprende os portos autonómicos desde Ribadeo ata o Pindo e o sector sur desde Portocubelo ata o de Tui
• Os orzamentos base de licitación son de 330.518 e 485.039,01 euros respectivamente para cada sector.
Santiago, 19 de agosto de 2010.- O ente público Portos de Galicia anuncia a contratación da xestión do servizo portuario de recepción de desechos MARPOL xerados por buques, da xestion do servizo de recollida de residuos perigosos nos terreos portuarios e da xestion do servizo de limpeza e recollida de residuos perigosos da lamina de auga, nos portos e instalacións portuarias dependentes de Portos de Galicia.
O concurso establece dous sectores. O sector norte que comprende os portos autonómicos desde Ribadeo ata o Pindo e o sector sur desde Portocubelo ata o de Tui. Os orzamentos base de licitación son de 330.518 e 485.039,01 euros respectivamente para cada sector.
A xestión indirecta do servizo portuario de recepción de residuos consiste na xestión íntegra dos refugallos xerados polos buques como son os residuos de hidrocarburos, augas sucias e
lixos sólidos, nos portos e instalacións portuarias, comprendendo polo tanto as actividades de recollida dos residuos, o seu transporte, almacenamento, clasificación e tratamento final nunha planta autorizada.
En canto á xestión indirecta dos residuos perigosos nos terreos portuarios, vinculados a Marpol destacan os referidos aos buques de pesca e de recreo, polo variado do seu tamaño e número, a entrega dos seus residuos MARPOL, depositando, en zonas debidamente sinalizadas e axeitadas a ditos residuos, en envases plásticos ou metálicos cheos cos residuos oleosos, e que en moitos casos van acompañados de trapos e outros materiais contaminados por eses hidrocarburos, convertendo eses envases e trapos en sólidos perigosos.
Este servizo comprende a recollida, transporte, almacenamento e a valorización ou eliminación de todos os residuos perigosos que se depositen nos depósitos, contenedores e espazos dos terreos portuarios previstos ao efecto para o desenvolvemento, incluíndo os residuos contaminados por produtos perigosos, tales como filtros, envases, trapos, roupa, aparellos, neumáticos, etc. Así mesmo este servizo inclúe os residuos procedentes das instalacións de depuración instaladas por Portos de Galicia nas zonas de varada dos portos.
Finalmente a limpeza da lámina de auga dos portos nos casos de vertidos de produtos perigosos. O adxudicatario deberá realizar, a requirimento de Portos de Galicia e na forma e condicións indicadas nas prescricións do presente prego, a limpeza da lámina de auga dos portos nos casos de vertidos nas mesmas de produtos contaminantes, calquera que sexa a causa. A empresa adxudicataria do contrato estará en disposición de prestar os servizos ininterrompidamente durante as 24 horas do día e os sete días da semana, incluíndo os días laborais e días festivos.
Convenio Marpol
Aos efectos do convenio MARPOL, por hidrocarburo enténdese o petróleo en todas as súas manifestacións, incluídos os crus de petróleo, o fuel-oil, os fangos, os residuos petrolíferos e os produtos de refinación distintos dos de tipo petroquímico. As instalacións portuarias receptoras de residuos xerados por buques ou residuos de carga oleosos dos buques incluídos no Convenio MARPOL se dividen en tres subclases. As de tipo A que corresponden ás que reciben residuos xerados por buques ou residuos de carga de petróleo
cru e auga de lastre contaminada con petróleo cru. O tipo B que reciben residuos xerados por buques ou residuos de carga de hidrocarburos e auga de lastre contaminada con produtos petrolíferos distintos do petróleo cru e cunha densidade menor ou igual a 1 e, finalmente o tipo C que corresponden ás que reciben residuos xerados por buques procedentes das sentinas da cámara de máquinas ou dos equipos de depuración de combustible e aceites dos motores dos buques.




















