GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / O PORTO DE O PINDO CONTARÁ CUN MODERNO EDIFICIO D...

O PORTO DE O PINDO CONTARÁ CUN MODERNO EDIFICIO DE SERVIZOS PARA AS INSTALACIÓNS PORTUARIAS

Correo-e Imprimir

A licitación das obras de construción deste edificio foron anunciadas no Diario Oficial de Galicia

• O orzamento base de licitación é de 499.623,76 euros e o prazo de execución é de 6 meses

• Con este novo e moderno edificio O Pindo mellorará, ademais da súa estética, as propias instalacións tan necesarias para o uso dos usuarios e mariñeiros


Santiago, 18 de agosto de 2010.- O porto de O Pindo contará cun moderno edificio de servizos para as instalación portuarias segundo anuncia o ente público Portos de Galicia a través do Diario Oficial. O orzamento base de licitación é de 499.623,76 euros e o prazo de execución é de 6 meses. Con este novo e moderno edificio O Pindo mellorará, ademais da súa estética, as propias instalacións tan necesarias para o uso dos usuarios e mariñeiros desta zona.

 

O edificio constará de planta baixa e alta. Na planta baixa atoparanse os locais destinados a multiusos nunha superficie de 225 metros cadrados. Na planta alta estará o local para mariñeiros e outras dependencias que darán servizo ao porto do Pindo, nunha superficie doutros 225 metros cadrados. Nesta planta atoparase tamén unha zona adicada a terraza de 45 metros cadrados.

Os documentos administrativos desta convocatoria poderanse descargar na web http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14719. O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do vixésimo sexto día natural seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. O sistema de adxudicación terá en conta a oferta máis vantaxosa dende o punto de vista económico.

 

 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar