GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / O PORTO DE RIANXO CONTARÁ CUNHA INSTALACIÓN DE S...

O PORTO DE RIANXO CONTARÁ CUNHA INSTALACIÓN DE SUBMINISTRACIÓN DE COMBUSTIBLE PARA A FLOTA PESQUEIRA

Correo-e Imprimir

O ente público anunciou no Diario Oficial de Galicia o procedemento de selección de oferta para a tramitación dunha concesión administrativa

• O organismo portuario está  instalar estacións de subministro de combustible co obxecto de facilitar aos barcos que habitualmente teñen a súa base nos portos un servizo fundamental para as embarcacións 

Santiago, 18 de agosto de 2010.- O porto de Rianxo contará cunha estación de subministro de combustible para a flota pesqueira con base neste porto da ría de Arousa. O ente público anunciou no Diario Oficial de Galicia o procedemento de selección de oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario no porto de Rianxo para unhas instalacións de subministración de combustible.

O organismo portuario está a instalar nos portos de Galicia a colocación de estacións de subministro de combustible co obxecto de facilitar aos barcos que habitualmente teñen a súa base nos portos un servizo fundamental para as embarcacións. 

 

O prazo desta concesión será por un período de vinte anos coa posibilidade de seren prorrogados ata acadar os 30 anos ou o prazo máximo establecido na lexislación vixente no momento da prórroga. O sistema de adxudicación terá en conta a oferta máis vantaxosa.

A subministración de combustible obxecto deste concurso é para embarcacións, actividade que deberá manterse ao longo do período de vixencia da concesión, permitindo propostas que inclúan ademais o servizo a vehículos para usuarios do porto.

Os documentos administrativos desta convocatoria poderanse descargar na web http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14392. A data límite de presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do trixésimo día hábil seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 

 

 


 

 

 

 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar