GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / O NOVO PORTO DE BRENS ACOLLE A CHEGADA DO PRIMEIRO...

O NOVO PORTO DE BRENS ACOLLE A CHEGADA DO PRIMEIRO BUQUE DE GRAN TONELAXE

Correo-e Imprimir
O Ideal Bulker, con preto de 25.000 toneladas de manganeso a bordo, foi o primeiro mercante en atracar no ampliado peirao ceense

As obras executadas por Portos de Galicia consistiron na prolongación do actual peirao de mecadorías en 310 metros e requeriron dun investimento de 14,7 millóns de euros. Proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).


Os tráficos de manganesos poderán acadar as 100.000 toneladas e os de madeira, as 80.000

Santiago, 9 de febreiro de 2012.- O novo peirao do porto de titularidade autonómica de Brens, en Cee, recibiu esta semana o primeiro buque de alta tonelaxe, que atracou e descargou na infraestrutura recentemente ampliada para dar cabida a este tipo de embarcacións. O primeiro buque destas características en entrar en Brens ten 169 metros de eslora, 27 de manga e un calado de 9,4.O mercante, chamado Ideal Bulker, ten bandeira de Hong Kong e procede de Groote Eyland, en Australia. Á súa entrada en Brens portaba 24.800 toneladas de manganeso das cales 6.192 foron descargadas no porto ceense e o resto trasladado a Santander. Para a maniobra de atraque foron necesarias dúas embarcacións remolcadoras.


A ampliación do porto de Brens para dar cabida a buques de alta tonelaxe rematou o 31 de decembro do pasado ano. Os traballos contaron cun investimento de 14,5 millóns de euros,  achegado por Portos de Galicia, con cofinanciación de fondos europeos Feder e Ferroatlántica, que aportou 2 millóns de euros, en virtude dun convenio de colaboración co organismo portuario.


A actuación consistiu na prolongación do antigo peirao de mercadorías nunha lonxitude de 310 metros e un ancho de 100 metros. Así obtiveronse 210 metros de peirao cun calado de 11 metros, preto de 100 metros cun calado de 8 e os últimos 6 metros cun calado de 7, xunto ao peirao vello. Ademais, ampliouse o peirao leste en 89 metros de lonxitude e 7 de calado.


Esta nova dotación incrementa de xeito destacado a capacidade de tráficos de mercancías en Brens. Así, permite a entrada de entre 6 e 10 novos barcos de 25.000 toneladas e posibilita o movemento de 100.000 toneladas anuais de manganesos e de ata 80.000 toneladas de madeira. A nova infraestrutura supón por tanto “un elemento clave na dinamización económica da Costa da Morte”, en palabras do presidente de Portos de Galicia e abre “un novo escenario para os tráficos marítimos de toda Galicia”.
 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar