Santiago, 21 de decembro de 2011.- Portos de Galicia dará inicio nos próximos días ás obras de construcción da estación marítima de Baiona. Así o anunciou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona, que se encontra xa debidamente sinalizada de cara ao inicio dos traballos.
A estación marítima de Baiona requerirá dun investimento de máis de 280.000 euros e estará cofinanciada con fondos Feder, da Unión Europea. O edificio constará dunha soa planta, integrándose con maior facilidade no entorno portuario, e estará forrado en madeira, de xeito que se acople á estética da fachada marítima de Baiona.
A superficie total será de case 300 metros cadrados construídos. Contará con 3 taquillas, unha zona pública de 17 metros cadrados, cafetería, almacén e aseos adaptados. Así mesmo, terá unha rampla de acceso e terraza de 40 metros. A nova estación marítima é unha mostra da aposta de Portos de Galicia polo transporte de ría, como forma de transporte sostible que pode complementar ao terrestre en usos non só lúdicos, senón tamén profesionais.




















