GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / PORTOS DE GALICIA TEN HABILITADOS HELIPORTOS DE EM...

PORTOS DE GALICIA TEN HABILITADOS HELIPORTOS DE EMERXENCIA EN OITO PEIRAOS AUTONÓMICOS

Correo-e Imprimir
O presidente do ente público e a delegada da Xunta na Coruña visitaron a instalación de Laxe, xa en funcionamento

Reducen as sombras de cobertura de navegación aérea por falla de infraestruturas, converténdose en puntos de base supletorios

Xunto co laxense, funcionan tamén os de Cedeira, Sada, Camariñas, Ribeira, Cabo de Cruz, Tragove e O Grove

Santiago, 19 de xaneiro de 2012.-  Na súa aposta pola seguridade das zonas marítimas e a prestación de servizos auxiliares aos usuarios dos portos galegos e aos cidadáns das vilas marítimas, Portos de Galicia, ten xa operativa a primeira fase dunha  rede de heliportos de emerxencias diurnas en puntos estratéxicos da costa. O presidente do ente público, José Juan Durán e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá a instalación de Laxe, unha das oito que se atopan a día de hoxe en funcionamento.

Unha vez activada esta primeira fase e de xeito paulatino durante os próximos meses, habilitaranse máis dunha ducia de heliportos de emerxencias. Estas instalacións conforman unha rede ao longo de toda a costa galega que permite reducir as actuais sombras de cobertura da navegación aérea, producidas pola falta de infraestruturas, a través da creación de bases supletorias para os helicópteros dentro das zonas portuarias. Aproveitando a superficie dos peiraos seleccionados, delimítase unha zona para despegue e aterraxe destes aparatos, que permite reforzar o servizo nas zonas costeiras de relevancia destacada.

A día de hoxe, os peiraos nos que xa están operativos os heliportos son os de Cedeira, Sada, Laxe, Camariñas, Ribeira, Cabo de Cruz, Tragove e O Grove. Estas localidades pasan así a ter unha pequena base aérea de emerxencias diurnas que permite a execución de maniobras ou repostaxe a helicópteros que ata agora tiñan limitado o seu funcionamento polo mapa de bases existentes, agora incrementado.

As instalacións están autorizadas pola Axencia Aérea de Navegación, dependente do  Ministerio de Fomento. Para a súa habilitación total, elimináronse elementos do mobiliario urbán das zonas portuarias e colocaronse dispositivos que facilitan as tarefas de despegue e aterraxe aos helicópteros, ademáis de sinalizar axeitadamente as zonas.

 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar