GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / PORTOS DE GALICIA REFORZA A SEGURIDADE NO PORTO DO...

PORTOS DE GALICIA REFORZA A SEGURIDADE NO PORTO DO GROVE COA HABILITACIÓN DUN HELIPORTO DE EMERXENCIAS DIURNAS

Correo-e Imprimir
O presidente do ente público visitou esta mañá a instalación, unha das oito que se atopan actualmente operativas nos peiraos autonómicos
  • Reduce as sombras de cobertura de navegación aérea por falla de infraestruturas, converténdose en puntos de base supletorios
  • Xunto co grovense, funcionan tamén os de Cedeira, Sada, Camariñas, Ribeira, Boiro, Cambados e Laxe

Santiago, 26 de xaneiro de 2012.-  Na súa aposta pola seguridade das zonas marítimas e a prestación de servizos auxiliares aos usuarios dos portos galegos e aos cidadáns das vilas marítimas, Portos de Galicia, ten xa operativa a primeira fase dunha  rede de heliportos de emerxencias diurnas en puntos estratéxicos da costa. O presidente do ente público, José Juan Durán visitou esta mañá a instalación do Grove, unha das oito que se atopan a día de hoxe en funcionamento e que reforzan a seguridade nestes peiraos.

Unha vez activada esta primeira fase e de xeito paulatino durante os próximos meses, habilitaranse máis dunha ducia de heliportos de emerxencias. Estas instalacións conforman unha rede ao longo de toda a costa galega que permite reducir as actuais sombras de cobertura da navegación aérea, producidas pola falta de infraestruturas, a través da creación de bases supletorias para os helicópteros dentro das zonas portuarias. Aproveitando a superficie dos peiraos seleccionados, delimítase unha zona para despegue e aterraxe destes aparatos, que permite reforzar o servizo nas zonas costeiras de relevancia destacada.

A día de hoxe, os peiraos nos que xa están operativos os heliportos son os de Cedeira, Sada, Laxe, Camariñas, Ribeira, Cabo de Cruz (Boiro), Tragove (Cambados) e O Grove. Estas localidades pasan así a ter unha pequena base aérea de emerxencias diurnas que permite a execución de maniobras ou repostaxe a helicópteros que ata agora tiñan limitado o seu funcionamento polo mapa de bases existentes, agora incrementado.

As instalacións están autorizadas pola Axencia Aérea de Navegación, dependente do  Ministerio de Fomento. Para a súa habilitación total, elimináronse elementos do mobiliario urbán das zonas portuarias e colocaronse dispositivos que facilitan as tarefas de despegue e aterraxe aos helicópteros, ademáis de sinalizar axeitadamente as zonas.

 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar