GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / PORTOS DE GALICIA E O CONCELLO DE ORTIGUEIRA COLAB...

PORTOS DE GALICIA E O CONCELLO DE ORTIGUEIRA COLABORARÁN NO ACONDICIONAMENTO DO ENTORNO DO CENTRO DE INTERPRETACIÓN

Correo-e Imprimir
O presidente do ente público e o alcalde do municipio asinaron un convenio para a mellora do entorno axardinado e a realización dun mural no exterior do inmoble

Santiago, 13 de xuño de 2012.-
Portos de Galicia e o Concello de Ortigueira colaborarán no acondicionamento e conservación do entorno do centro de interpretación e recepción de visitantes da localide. O presidente do ente público, José Juan Durán, e o alcalde do municipio, Rafael Girón, asinaron esta mañá un acordo para a mellora, conservación e mantemento da zona de uso público que rodea o inmoble, así como para a realización dun mural artístico nos seus muros exteriores.

Coa sinatura do convenio, o Concello comprométese a asumir a conservación, mantemento, limpeza e, no seu caso, mellora das zonas axardinadas contempladas no acordo. Ademais, a Administración local asumirá o mantemento dos servizos básicos, augas e electricidade, así como o coidado do mobiliario urbano, as plantacións vexetais e os pavimentos.

Pola súa parte, Portos de Galicia autoriza a intervención nos terreos da súa titularidade, sen renunciar, sen embargo, aos usos portuarios que este espazo poida ter e que se desenvolverán en beneficio da comunidade portuaria.

A integración do porto e a vila que o acolle é unha liña de traballo sistemática para Portos de Galicia que pretende unha maior intercomunicación entre ambos espazos. Por este motivo, o ente público traballa de xeito conxunto coas administracións locais para dar resposta ás da cidadanía das vilas marítimas. Neste sentido, José Juan Durán mostrou o seu agradecemento ao Concello de Ortigueira por prestar a súa colaboración para poder desenvolver esta importante tarefa de integración que redunda en beneficios para os usuarios do porto e o conxunto da cidadanía.

 

GUÍA BÁSICA DE SERVICIOS NÁUTICOS DE GALICIA

IALA AISM XVIII Conference


A Coruña - Spain




Mais información

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar