Con este programa poderán executarse unha serie de obras menores de acordo coas necesidades dos usuarios dos portos
• Portos de Galicia enviará nos vindeiros días as cartas nas que poderán solicitar, aquelas actuacións, obras e servizos que se consideren, e proceder así a súa execución de acordo coa programación e as consideracións que se estimen
• Estes recursos adicaranse a satisfacer as necesidades dos usuarios facilitando o desenvolvemento das súas actividades, favorecendo o óptimo uso de instalacións en solo portuario
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2009.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investirá 3 millóns de euros no Programa de inversións menores en portos 2009-2011. Desta forma nas distintas instalacións portuarias de Galicia poderán executarse unha serie de obras menores de acordo coas necesidades manifestadas polos usuarios, confrarías, clubs náuticos e operadores portuarios, entre outros, por un importe duns 30.000 euros. Portos de Galicia enviará nos vindeiros días as cartas nas que se poderán solicitar, aquelas actuacións, obras, servizos, etc que se consideren, e proceder así a súa execución de acordo coa programación e as consideracións que se estimen.• Portos de Galicia enviará nos vindeiros días as cartas nas que poderán solicitar, aquelas actuacións, obras e servizos que se consideren, e proceder así a súa execución de acordo coa programación e as consideracións que se estimen
• Estes recursos adicaranse a satisfacer as necesidades dos usuarios facilitando o desenvolvemento das súas actividades, favorecendo o óptimo uso de instalacións en solo portuario
O ente público Portos de Galicia adicará estes recursos a satisfacer as necesidades dos usuarios facilitando o desenvolvemento das súas actividades, favorecendo o óptimo uso de instalacións en solo portuario e así xerar novas concesións ou autorizacións no dominio público, o que permitirá a creación de novos postos de traballo e o crecemento das economías locais.
Como se lembrará, no Consello da Xunta do día 14 de maio de 2009 acordouse a paralización da execución do edificio dos servizos centrais de Portos de Galicia en Santiago de Compostela. Con esta medida quedou liberada unha cantidade económica que estaba contida nos orzamentos de 2009 a 2011 e, de acordo co aprobado, vai destinado á execución dun Programa de Inversións Menores nos portos autonómicos, por un importe aproximado de 3 millóns de euros.




















