GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / Instalacions portuarias / Solicitudes Atraque / Solicitude de autorización nas instalacións de P...

Solicitude de autorización nas instalacións de Portos de Galicia

Correo-e PDF
RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2011 pola que se anuncia a apertura das convocatorias públicas para a presentación de solicitudes de autorizacións de atracada para embarcacións deportivas (7.ª lista) en todas as instalacións náutico-deportivas xestionadas directamente por Portos de Galicia.


De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG n.º 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a apertura das convocatorias públicas para a presentación de solicitudes de autorizacións de atracada para embarcacións deportivas (7.ª lista), en todas as instalacións náutico-deportivas xestionadas directamente por Portos de Galicia, que se rexerá polos pregos de bases e de condicións que no seu momento aprobou o presidente de Portos de Galicia para estes efectos, e que están á disposición dos interesados nas oficinas de Portos de Galicia: Zona Norte (rúa Nicomedes Pastor Díaz, 13, 1.º, 27001 Lugo), Zona Centro (avda. Alférez Provisional, 5, 1.º, 15006 A Coruña) e Zona Sur (rúa Benito Corbal, 37, 3.º, 36001 Pontevedra), nas oficinas dos gardapeiraos dos diferentes portos, e na páxina web de Portos de Galicia www.portosdegalicia.com (epígrafe solicitudes de autorización de atracadas).


O prazo para a presentación de solicitudes comezará o 5 de setembro de 2011 ás 9.00 horas.


Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito nas oficinas mencionadas anteriormente as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.
Arquivos adxuntos:
ArquivoDescriciónTamaño do arquivo
Descargar este arquivo (MODELO SOLICITUDE ZONA CENTRO.pdf)MODELO SOLICITUDE ZONA CENTRO.pdfMODELO SOLICITUDE ZONA CENTRO[33 Kb]
Descargar este arquivo (MODELO SOLICITUDE ZONA NORTE.pdf)MODELO SOLICITUDE ZONA NORTE.pdfMODELO SOLICITUDE ZONA NORTE[33 Kb]
Descargar este arquivo (MODELO SOLICITUDE ZONA SUR.pdf)MODELO SOLICITUDE ZONA SUR.pdfMODELO SOLICITUDE ZONA SUR[33 Kb]
Descargar este arquivo (Orden_Domiciliacion_Portos Nueva.pdf)Orden_Domiciliacion_Portos Nueva.pdfOrden_Domiciliacion_Portos Nueva[156 Kb]
 

Transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Pontevedra e Vigo

Horarios  Ler máis...

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar