A conselleira do Mar achegouse ás instalacións de Armadores de Burela para preocuparse pola súa situación tralo incendio desta mañá
Rosa Quintana destacou a boa disposición de todos os efectivos que están poñendo os medios necesarios para traballar coordinadamente
Santiago, 22 de xullo de 2010.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou que o seu departamento fará todo o posible para que mañá a lonxa de Burela estea operativa. Fíxoo durante a súa visita ás instalacións de Armadores de Burela (ABSA), afectadas polo incendio desta mañá. Rosa Quintana lembrou que “estamos en plena campaña do bonito e está indo moi ben, xa que hai moita pesca e estase pagando a bo prezo”. Neste sentido incidiu que a intención da Consellería do Mar é “limpar os residuos da parte que está afectada o máis rápido posible para que poidan empezar canto antes os traballos habituais da lonxa”.
A titular de Mar alegrouse de que “dentro do malo non houbese vítimas mortais” e en canto ás perdas ocasionadas polo incendio informou que aínda é cedo para determinar a cantidade de peixe que había dentro das instalacións . Engadiu que a policía xudicial está traballando niso para posteriormente proceder á retirada dos residuos. A conselleira destacou a boa disposición de todos os efectivos que están poñendo os medios necesarios para traballar coordinadamente.






No que va de ano o tráfico de mercadorías dos portos autonómicos duplicaron as súas cifras de cargas e descargas con respecto ao mesmo período do ano 2009
Cumprindo o compromiso efectuado polo presidente de Portos de Galicia de establecer un lugar para tráfico de pasaxeiros neste porto e dentro do Plan de Actuacións para o porto de Aguete presentado recentemente
As obras consisten na colocación dun pantalán para embarque e desembarque de pasaxeiros de 24 metros de lonxitude por catro de ancho paralelo ao peirao










