GalegoEspañol
Enlace a Consellería del Mar Puertos de Galicia
Estas en: Inicio / Portos de Galicia / Participación en proxectos europeos

Proxecto 3R FISH

Correo-e PDF
3R FISH é un proxecto cofinanzado mediante o programa europeo LIFE + enmarcado na liña de acción de Política Ambiental e Gobernanza 2001, a implementar durante o período 2009-2011.

O obxectivo principal é a mellora da calidade das augas e fondos mariños, mediante a correcta utilización e reciclaxe dos aparellos e dispositivos usados no sector pesqueiro, para facer da pesca unha actividade máis integrada e respectuosa co medio mariño, recurso e escenario das súas tarefas profesionais. Cunha adecuada xestión dos residuos xerados polas actividades pesqueiras e portuarias reducirase o seu impacto no medio, contribuíndo así a fomentar o seu desenvolvemento sostible.

Mas informacion www.3rfish.org
 

Proxecto NEA II (Nautisme Espace Atlantique II)

Correo-e PDF
O ente público Portos de Galicia participa, coma socio-beneficiario, no proxecto NEA II (Nautisme Espace Atlantique II), proxecto liderado polo Consello Rexional da Bretaña francesa que vense de aprobar na primeira convocatoria aberta do programa INTERREG IV B Espacio Atlántico. En NEA II participan un total de 24 socios procedentes dos territorios de: Baixa Normandia, País do Loira e Bretaña francesa (Francia), Galicia e Andalucía (España), Norte de Portugal e Centro de Portugal (Portugal), Cornwall, Devon e Irlanda do Norte (Reino Unido) e Irlanda.

Mais información no enlace  www.nea2.eu
 

Proyecto PLACA

Correo-e PDF
Semellante ao proxecto ATMOS pero foi presentado no programa de financiamento INTERREG III-B Sudoe.
 

Proyecto Atmos

Correo-e PDF
A Unión Europea seleccionou ao Ente Público Portos de Galicia para liderar e dirixir o proxecto Autoestradas do Mar no Arco Atlántico (ATMOS) pertencente ao programa Interreg III-B da Área Atlántica e que ten como obxectivo o estudo dos problemas reais da conexión entre a Navegación de Curta Distancia (SSS) e as Autoestradas do Mar (MOS).

 

Proxecto piloto LIFE-PO EMAS

Correo-e PDF
O proxecto piloto LIFE-PO EMAS pretende demostrar que é posible implantar EMAS nun porto comercial, pesqueiro e deportivo.

Ademais, pode servir como un exemplo e modelo para implantacións futuras no sector, tanto en España como no resto de Europa, onde unha adhesión maior ao EMAS podería supoñer importantes beneficios ambientais e socioeconómicos a efectos dun desenvolvemento sostible.

 

Portos Xacobeos

 

Mareas

 

Intecmar
Cetmar
2009 (c) Xunta de Galicia | Legal | Privacidade | Intranet | Mapa Web | Contatar
Información mantida pola Xunta de Galicia. Servicio prestado pola Conselleria do Mar